Elvis Presley: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mwl:Elvis Presley
Liña 190: Liña 190:
[[mr:एल्व्हिस प्रेस्ली]]
[[mr:एल्व्हिस प्रेस्ली]]
[[ms:Elvis Presley]]
[[ms:Elvis Presley]]
[[mwl:Elvis Presley]]
[[nah:Elvis Presley]]
[[nah:Elvis Presley]]
[[nds-nl:Elvis Presley]]
[[nds-nl:Elvis Presley]]

Revisión como estaba o 12 de setembro de 2010 ás 23:26

Elvis Presley, 1970

Elvis Presley, coñecido como o rei do rock, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante norteamericano.

Presley comezou como cantante de rockabilly, cun repertorio en parte tomado do rhythm and blues e do country transformado en rock & roll. Presley converteuse no cantante de máis éxito comercial do rock and roll, aínda que tamén cantou baladas, country e gospel. Pasou a ser unha icona da cultura pop americana, coa súa forma de interpretar o rock e creou escola, imitando o ritmo dos negros e dando énfase ó aspecto máis sexual do rock, movendo de xeito sensual os cadrís. Cando morreu vendera 200.000.000 de discos e conseguira 129 discos de ouro. Interpretou 31 filmes, relacionados case todos eles co mundo da canción.

Vida

Fillo de obreiros, pouco despois de trasladarse os seus pais a Memphis comezou a traballar como camioneiro nunha empresa de material eléctrico. Desde neno xa se interesaba pola música, actuando no coro parroquial e ben cedo xa aprendera a tocar a guitarra e cantaba temas de blues e rhytm e blues. En 1954 como regalo para a súa nai gravou, pagando catro dólares, unha canción na casa discográfica Sun Records, propiedade de Sam Phillips, quen se interesou por el e o contratou para a súa compañía. O 6 de maio de 1954 gravou o seu primeiro disco, pero non sería ata 1955 cando, xa con contrato da RCA, se fixese popular, sobre todo despois de saír na televisión o 9 de setembro de 1955. En xaneiro de 1956 conseguiu o seu primeiro número un en vendas por Heartbreak Hotel, e nese ano debutou como actor en Love me tender. Nos seguintes doce anos interpretou uns 30 filmes. Nestes momentos é xa o ídolo da xente nova e o intérprete máis popular do rock and roll. Entre 1958 e 1960 cumpriu co servizo militar en Alemaña e ó seu retorno ao Estados Unidos decantouse por outros estilos musicais -country, gospel- e tentou recobrar a popularidade anterior, que tan só conseguirá puntualmente con temas como In the Ghetto (1969) ou Suspicious Mind (1969) ou con concertos históricos como o de Hawaii (1973), Pontiac (1975) ou os de Las Vegas (1976-77).

Casado con Priscilla Beaulieu (1967), os derradieros anos da súa vida estivo obsesionado pola obesidade, que tentaba paliar por medio de pílulas, o que probablemente favoreceu a súa morte en estrañas circunstancias ós 42 anos.

De entre os seus numerosos éxitos musicais temos Hound Dog, Don't Be Cruel, Love me Tender, All Shook up, Teddy Bear, Jailhouse Rock, It's Now or Never, Can´t Help Falling in Love, Surrender, Crying In The Chapel, In The Ghetto, Suspicious Minds, Burning Love, Moody Blue, It's Alright Ma, Mystery Train, All Shook Up, e King Creole.

Discografia Esencial

Anos 70

Anos 60

Anos 50

Videografia Recomendada

  • This is Elvis (1981)
  • Elvis in Concert (1977)
  • Aloha from Hawaii (1973)
  • The Alternate Aloha (1973)
  • Elvis on Tour (1972)
  • That's The Way It Is (Special Edition)
  • That's The Way It Is (1970)
  • Elvis NBC TV Special (1968)
  • Roustabout (1964)
  • Viva Las Vegas (1964)
  • Kid Galahad (1962)
  • Follow That Dream (1962)
  • Wild in the Country (1961)
  • Flaming Star (1960)
  • Welcome Home Elvis (1960)
  • King Creole (1958)
  • Jailhouse Rock (1957)
  • Loving You (1957)
  • Love me Tender (1956)

Outros

  • The Great Performances 1, 2 e 3
  • The Lost Perfomances
  • He Touched Me (Documental)
  • One Night With You

Bibliografia

Brasil

  • "Elvis - Mito e Realidade" - Maurício Camargo Brito
  • "Elvis Por Ele Mesmo" - Marcelo Eduardo Lemos Costa e J. C. Bruno - Editora Martin Claret (1989)
  • "Elvis Presley" - Ana Flávia Miziara e Marcelo Eduardo Lemos Costa - Editora Roka (1996)
  • "Elvis" (Coleção Para Saber Mais) - Odair Braz - Revista "Super Interessante" (2004)
  • "Elvis - O Rei de Las Vegas" - Waldenir Cecon - Elvis Presley's World Fan Club (2005)
  • "Elvis em Turnê - Waldenir Cecon - Elvis Presley's World Fan Club (2006)

Estados Unidos

Véxase tamén

Modelo:Link FA Modelo:Link FA