Coprofilia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Elimino cat redundante e imaxe sen relación
Xoacas (conversa | contribucións)
Referencio + completo
Liña 1: Liña 1:
A '''coprofilia''' é unha [[parafilia]] considerada como unha clase de [[fetichismo]], consistente na [[excitación]] sexual producida polas [[feces]], e adoita combinarse con [[sadomasoquismo]] ou [[infantilismo]]. Consiste na atracción por ulir, saborear ou ollar o acto de [[defecación]] como un medio de excitación sexual e [[pracer]]. Esta actividade [[Erotismo|erótica]] pódese practicar solitariamente ou en parella.
A '''coprofilia''' é unha [[parafilia]] considerada como unha clase de [[fetichismo]], consistente na [[excitación]] sexual producida polas [[feces]], e adoita combinarse con [[sadomasoquismo]] ou [[infantilismo]].


==Características==
Algúns coprófilos practican a [[coprofaxia]], é dicir, inxiren feces, o que pode afectar a [[saúde]] debido aos riscos de [[infección]] de [[enfermidade]]s como a [[hepatite]]. A práctica deste fetichismo non precisa dunha atención médica [[Psicoloxía|psicolóxica]] xa que pode manifestarse de forma temporal, sistemática ou permanente, sen que iso supoña un problema mental, senón unha práctica extrema.
A coprofilia consiste na atracción por ulir, saborear ou ollar o acto de [[defecación]] como fonte de excitación sexual e [[pracer]]. Esta actividade [[Erotismo|erótica]] pódese practicar solitariamente ou en parella. Algúns coprófilos practican a [[coprofaxia]], é dicir, inxiren feces, o que pode afectar a [[saúde]] debido aos riscos de [[infección]] de [[enfermidade]]s.

Segundo [[Sigmund Freud]], as tendencias coprofílicas son normais no [[neno]], que, sobre todo na [[fase anal]], non manifesta ningún desgusto polos excrementos e ata se sente orgulloso deles e os emprega como medio de autoafirmación en relación cos adultos. Sostén que o interese polos excrementos do neno non está divorciado do interese sexual, a separación entre ambos sobrevén despois pero permanece sempre incompleta, permanecendo eficaz durante a vida adulta unha parte das inclinacións coprófilas en forma de [[neurose]]s ou perversións.<ref>{{cita libro| autor =GALLIMBERTI, U.| título =[http://books.google.com/books?id=AE0ncv9XJV8C&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Diccionario de psicología]| ano =| publicación =Siglo XXI| id = ISBN 9682326184}}{{es}}</ref>

==Notas==
{{referencias}}


[[Categoría:Parafilias]]
[[Categoría:Parafilias]]

Revisión como estaba o 11 de setembro de 2010 ás 09:21

A coprofilia é unha parafilia considerada como unha clase de fetichismo, consistente na excitación sexual producida polas feces, e adoita combinarse con sadomasoquismo ou infantilismo.

Características

A coprofilia consiste na atracción por ulir, saborear ou ollar o acto de defecación como fonte de excitación sexual e pracer. Esta actividade erótica pódese practicar solitariamente ou en parella. Algúns coprófilos practican a coprofaxia, é dicir, inxiren feces, o que pode afectar a saúde debido aos riscos de infección de enfermidades.

Segundo Sigmund Freud, as tendencias coprofílicas son normais no neno, que, sobre todo na fase anal, non manifesta ningún desgusto polos excrementos e ata se sente orgulloso deles e os emprega como medio de autoafirmación en relación cos adultos. Sostén que o interese polos excrementos do neno non está divorciado do interese sexual, a separación entre ambos sobrevén despois pero permanece sempre incompleta, permanecendo eficaz durante a vida adulta unha parte das inclinacións coprófilas en forma de neuroses ou perversións.[1]

Notas

  1. GALLIMBERTI, U. Diccionario de psicología. Siglo XXI. ISBN 9682326184.  Ligazón externa en |title= (Axuda)(en castelán)