Salgueiro Maia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m + imagem
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Salgueiro Maia1.jpg|thumb]]
'''Fernando José Salgueiro Maia''' "o pichita" ([[Castelo de Vide]], [[Portugal]], 1 de xullo de [[1944]] - [[Santarém]], 4 de abril de [[1992]]) foi un dos capitáns do exército portugués que lideraron as forzas militares durante a [[Revolución dos caraveis]], a cal determinou o final da ditadura salazarista.
'''Fernando José Salgueiro Maia''' "o pichita" ([[Castelo de Vide]], [[Portugal]], 1 de xullo de [[1944]] - [[Santarém]], 4 de abril de [[1992]]) foi un dos capitáns do exército portugués que lideraron as forzas militares durante a [[Revolución dos caraveis]], a cal determinou o final da ditadura salazarista.



Revisión como estaba o 19 de xullo de 2010 ás 02:41

Fernando José Salgueiro Maia "o pichita" (Castelo de Vide, Portugal, 1 de xullo de 1944 - Santarém, 4 de abril de 1992) foi un dos capitáns do exército portugués que lideraron as forzas militares durante a Revolución dos caraveis, a cal determinou o final da ditadura salazarista.

Salgueiro Maia, como era coñecido, foi fillo do ferroviario Francisco da Luz Maia e de Francisca Silvéria Salgueiro. Foi á escola primaria de São Torcato, Coruche, para máis tarde trasladarse a Tomar e Leiria para rematar os seus estudos secundarios.

En 1964 ingresa na academia militar de Lisboa, e dous anos despois preséntase na Escola Pratica de Cavalaria (EPC). En 1968 estaba integrado na 9ª compañía de Comandos, na parte norte de Mozambique, loitando en plena Guerra colonial portuguesa. A súa participación valeulle o ascenso a capitán en 1970.

O mes de xullo seguinte embarca rumbo a Guinea, regresando a Portugal en 1973. A estas alturas inícianse as reunións clandestinas do Movimento das Forças Armadas, e Salgueiro Maia, como Delegado de Cavalaria, integra a Comissão Coordenadora do Movimento. O 16 de marzo de 1974 prodúcese o Levantamento das Caldas, que antece ao mítico 25 de abril no que se forzou a rendición de Marcelo Caetano.

O 25 de novembro de 1975 é transferido ás Azores, para volver a Santarém en 1979, onde comandou o Presídio Militar de Santa Margarida. En 1984 regresa ao EPC. En 1989 foille diagnosticada unha doenza que pronto se traduciu en cancer. Foi intervido cirurxicamente en 1991, pero irremediabelmente morre o 4 de abril de 1992 vítima da enfermidade.