Xutlandia: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: kl:Jylland |
m bot Engadido: be:Ютландыя |
||
Liña 54: | Liña 54: | ||
[[ar:يولاند]] |
[[ar:يولاند]] |
||
[[arz:يوتلاند]] |
[[arz:يوتلاند]] |
||
[[be:Ютландыя]] |
|||
[[bg:Ютланд]] |
[[bg:Ютланд]] |
||
[[br:Jutland]] |
[[br:Jutland]] |
Revisión como estaba o 20 de abril de 2010 ás 20:31
Xutlandia (en dinamarqués Jylland, en alemán Jütland) é unha península da Europa noroccidental que comprende a parte continental de Dinamarca e o norte de Alemaña (estado federal de Schleswig-Holstein). Ao oeste limita co mar do Norte, ao norte co Skagerrak, ao nordés co Kattegat e ao leste coas illas dinamarquesas do Báltico.
Historia
O nome provén dos xutos, pobo xermánico que se instalou alí no século V.
A parte meridional forma parte de Schleswig-Holstein, rexión que foi cambiando de posesión dinamarquesa a alemá ao longo da historia. O derradeiro cambio de soberanía tivo lugar tras a Primeira Guerra Mundial, recuperando Dinamarca parte de Schleswig (en danés Slesvig) pola vía dun plebiscito.
Xeografía
O terreo é relativamente chan, con pequenos cerros e turbeiras, constituído por materiais sedimentarios da era secundaria e depósitos do terciario que foron cubertos polos glaciares durante a era seguinte, dando lugar á actual paisaxe da península: unha chaira suavemente ondulada e inclinada cara ao oesteOcéano editores, ed. (1999). Enciclopedia Clarín tomo 15 (1º ed.). Arxentina. Parámetro descoñecido |ide=
ignorado (Axuda). Ten unha superficie de 29.775 km² e ten unha poboación de 2.491.852 persoas (2004). Pola súa extensión, abrangue os dous terzos da superficie do país, pero alberga só 2/5 partes da poboación total.
A costa articúlase por numerosos fiordes de orixe glaciar. A zona oeste presenta un relevo máis erosionado e caracterízase pola abundancia de depósitos fluvioglaciares. A costa está delimitada por cordóns de dunas e carece de portos naturais.
Clima
O clima da península é oceánico (0 °C de media no inverno e 16 °C no verán) e húmido.
Cidades da Iutlandia dinamarquesa:
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xutlandia |