Os Baños, Caldelas de Tui, Tui: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
+ datos
Liña 12: Liña 12:


==Aspectos de interese==
==Aspectos de interese==
Os Baños é o lugar con máis poboación de Caldelas de Tui e o que ten unha maior actividade<ref>De feito, nalgúns lugares, a parroquia enteira é chamada Baños de Caldelas.</ref>. Esténdese cara o río [[Miño]] e o seu nome procede, posiblemente, tanto deste aspecto ribeireño como da tradición termal do núcleo.
Os Baños é o lugar máis relevante e con máis habitantes de Caldelas de Tui, e nel sitúanse varios dos elementos máis importantes da parroquia, como as augas termais<ref>Véxase no artigo dedicado á parroquia</ref>, a [[Estación de Caldelas de Tui|estación do tren]], o Gran Hotel Balneario, a vella escola unitaria, O Pelouro co seu recoñecido proxecto pedagóxico, o torreiro (denominación habitual na comarca para os campos da festa) e a capela do Carme.


O barrio medrou grazas a dous elementos, a estación do tren, erixida a finais do [[século XIX]], e a sona das súas augas termais, que foron o motivo de que se erixira o Gran Hotel, no mesmo século. Ao seu redor floreceu o [[sector servizos]], principalmente a [[Hotel|hostalería]], a [[restaurante|restauración]] e o pequeno [[comercio]].
Aquí sitúanse o [[hotel]]-[[balneario]] de Caldelas, a [[Estación de Caldelas de Tui|estación de ferrocarril]] e a capela do Carme, ademais do campo da festa ("o torreiro", como é coñecido na zona) da parroquia, onde se celebra a final de agosto a festa da Virxe da Rocha.

===Hotel balneario===
Situado fisicamente a medio camiño entre a estación do tren e o balneario en si, o hotel foi promovido en [[1889]] por [[Antonio Oliver Rubio]], quen chegara a xeneral do [[exército]] nos tempos de [[Alfonso XIII]], e que tamén era propietario dos baños (nome co que se coñecen as aguas termais).

O establecemento viviu épocas de esplendor a comezos do [[século XX]], igual que ocorría en outras localidades galegas, como [[Caldas de Reis]], [[Cuntis]], [[Mondariz-Balneario]] ou [[A Toxa]]. A sona das augas de Caldelas fixo que o hotel tivera moito éxito e propiciara o crecemento ao seu carón, no mesmo barrio, de numerosos aloxamentos. Nos bos tempos, chegaron a contarse ata sete hoteis, á marxe das fondas.

Esta situación mantívose ata a [[Guerra Civil]]. Daquela comezou un declive que se mantivo ata bastante avanzado o século XX e hoxe vive mellores tempos<ref>Como curiosidade, foi un dos escenarios do filme ''Hotel Danubio'' de [[José Luis Garci]].</ref>.

===O Pelouro===
O Pelouro é unha experiencia educativa posta en marcha en [[1973]] por [[Teresa Ubeira Santoro]] e [[Juan Rodríguez de Llauder Riesco]]. En 1988 foi declarado pola Xunta "centro singular experimental de innovación psicopedagóxica e integración"<ref>Diario Oficial de Galicia do 8 de agosto</ref>.

É un proxecto de integración de pequenos normais e outros con discapacidades que ten sido recoñecido con diversos premios e en numerosas investigacións. O seu obxectivo é, segundo contan os responsables, "propiciar a integración saudable de nenos normais con outros con déficits psicosociocognitivos e trastornos xerais do desenvolvemento"<ref>[http://www.opelouro.org/drupal/sites/default/files/sito/texto%20pedagoxia.pdf Texto de presentación, na páxina web do centro.]</ref>.


==Lugares e Parroquias==
==Lugares e Parroquias==

Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2010 ás 23:39

Os Baños
ParroquiaCaldelas de Tui
ConcelloTui
Coordenadas42°03′21″N 8°34′06″O / 42.055769695265, -8.5682987806189Coordenadas: 42°03′21″N 8°34′06″O / 42.055769695265, -8.5682987806189
Poboación280 hab. (2008)
editar datos en Wikidata ]

Os Baños é un lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Tiña 280 habitantes no ano 2008, segundo o padrón municipal do Instituto Nacional de Estatística, dos que 132 eran homes e 148 mulleres, o que non representa ningunha variación respecto ao ano 2000.

Aspectos de interese

Os Baños é o lugar máis relevante e con máis habitantes de Caldelas de Tui, e nel sitúanse varios dos elementos máis importantes da parroquia, como as augas termais[1], a estación do tren, o Gran Hotel Balneario, a vella escola unitaria, O Pelouro co seu recoñecido proxecto pedagóxico, o torreiro (denominación habitual na comarca para os campos da festa) e a capela do Carme.

O barrio medrou grazas a dous elementos, a estación do tren, erixida a finais do século XIX, e a sona das súas augas termais, que foron o motivo de que se erixira o Gran Hotel, no mesmo século. Ao seu redor floreceu o sector servizos, principalmente a hostalería, a restauración e o pequeno comercio.

Hotel balneario

Situado fisicamente a medio camiño entre a estación do tren e o balneario en si, o hotel foi promovido en 1889 por Antonio Oliver Rubio, quen chegara a xeneral do exército nos tempos de Alfonso XIII, e que tamén era propietario dos baños (nome co que se coñecen as aguas termais).

O establecemento viviu épocas de esplendor a comezos do século XX, igual que ocorría en outras localidades galegas, como Caldas de Reis, Cuntis, Mondariz-Balneario ou A Toxa. A sona das augas de Caldelas fixo que o hotel tivera moito éxito e propiciara o crecemento ao seu carón, no mesmo barrio, de numerosos aloxamentos. Nos bos tempos, chegaron a contarse ata sete hoteis, á marxe das fondas.

Esta situación mantívose ata a Guerra Civil. Daquela comezou un declive que se mantivo ata bastante avanzado o século XX e hoxe vive mellores tempos[2].

O Pelouro

O Pelouro é unha experiencia educativa posta en marcha en 1973 por Teresa Ubeira Santoro e Juan Rodríguez de Llauder Riesco. En 1988 foi declarado pola Xunta "centro singular experimental de innovación psicopedagóxica e integración"[3].

É un proxecto de integración de pequenos normais e outros con discapacidades que ten sido recoñecido con diversos premios e en numerosas investigacións. O seu obxectivo é, segundo contan os responsables, "propiciar a integración saudable de nenos normais con outros con déficits psicosociocognitivos e trastornos xerais do desenvolvemento"[4].

Lugares e Parroquias

Lugares de Caldelas de Tui

Lugares da parroquia de Caldelas de Tui no concello de Tui (Pontevedra)

Os Baños | O Calvario | O Coello | Engarde | O Foxo | Os Gaios | A Igrexa | O Monte | O Monteiro | As Peteiras | O Piñeiro | O Pozón | O Seixal | O Souto de Arriba | O Souto de Engarde | A Telleira

Parroquias de Tui

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Notas

  1. Véxase no artigo dedicado á parroquia
  2. Como curiosidade, foi un dos escenarios do filme Hotel Danubio de José Luis Garci.
  3. Diario Oficial de Galicia do 8 de agosto
  4. Texto de presentación, na páxina web do centro.