Uma, Salvaterra de Miño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 24: Liña 24:

No barrio do Casal, lugar céntrico e concorrido, encóntrase o peto de ánimas. Rústico e primitivo está apousentado sobre muro de cachotería, diferenciándose en tres partes: a primeira con pedra de base cuadrangular e pequeno fornelo con porta de ferro; a segunda é unha mesa con forma piramidal invertida e a terceira cobiza o retablo de madeira baixo arco de medio punto, apreciándose restos de policromía.

<gallery>

image:Uma.jpg|Canalizacion antiga de Uma

</gallery>

==Lugares e Parroquias==
==Lugares e Parroquias==

Revisión como estaba o 4 de decembro de 2009 ás 12:31

Uma
ConcelloSalvaterra de Miño
Coordenadas42°10′13″N 8°24′53″O / 42.170179, -8.414798Coordenadas: 42°10′13″N 8°24′53″O / 42.170179, -8.414798
Área- km²
Poboación(Ano 2007) 251 hab.
DensidadeErro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km²
Entidades de poboación10
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:Salvaterra de Miño poboación {{{ano}}}]]

Santo André de Uma é unha parroquia que se localiza no extremo norte do concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 251 habitantes (127 mulleres e 124 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 273 habitantes.

Xeografía

A súa orografía é montañosa, cunha altitude máxima de 449 metros. Situada entre as parroquias de Mouriscados (Mondariz), San Pedro e Santa Eulalia de Batalláns, a Franqueira e Guillade. Non limita xeograficamente con ningunha parroquia de Salvaterra.

Nos montes próximos nace o río Uma que percorre gran parte do concello de Salvaterra. A abundancia de regatos de auga xustifica a gran cantidade de muíños existentes desde a época moderna.

Patrimonio

Uma é unha das parroquias onde se atoparon máis restos arqueolóxicos. Os materiais atopados están en mans de particulares ou depositados no Museo de Ponteareas.

A súa primeira mención documental aparece na información das Miragres de San Telmo, realizada polo ano 1258 co nome "Deuma". A igrexa de Uma pertencía ao Mosteiro de Melón, que no ano 1516 a permutou por outras propiedades ao bispo de Tui. Logo foi doada aos monxe da Franqueira ata a Desamortización.

Fabricada en perpiaño, e de pequenas dimensións, a igrexa parroquial de Uma ten planta rectangular rematada nunha cabeceira máis estreita e alta que a nave principal. Pegada a un lateral ten a sancristía. A fachada principal, sen excesivo ornato, ten unha ventá adintelada como único vano. Remata nunha torre de espadaña. Os muros laterais organízanse mediante contrafortes. No interior ten unha bóveda de canón sobre o presbiterio e un coro alto situado aos pés da nave.

No barrio do Casal, lugar céntrico e concorrido, encóntrase o peto de ánimas. Rústico e primitivo está apousentado sobre muro de cachotería, diferenciándose en tres partes: a primeira con pedra de base cuadrangular e pequeno fornelo con porta de ferro; a segunda é unha mesa con forma piramidal invertida e a terceira cobiza o retablo de madeira baixo arco de medio punto, apreciándose restos de policromía.

Lugares e Parroquias

Lugares de Uma

Lugares da parroquia de Uma no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra)

As Barreiras | A Cachadiña | O Carboal | O Carrascal | O Casal | O Eirado | Finzáns | Maceiras | O Outeiro | Santo André

Parroquias de Salvaterra de Miño

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio) | Arantei (San Pedro) | Cabreira (San Miguel) | Corzáns (San Miguel) | Fiolledo (San Paio) | Fornelos (San Xoán) | Leirado (San Salvador) | Lira (San Simón) | Lourido (Santo André) | Meder (Santo Adrián) | Oleiros (Santa María) | Pesqueiras (Santa Mariña) | Porto (San Paulo) | Salvaterra (San Lourenzo) | Soutolobre (Santa Comba) | Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)

Véxase tamén

Outros artigos