Gottfried Wilhelm Leibniz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: yo:Gottfried Leibniz
Liña 100: Liña 100:
[[vo:Gottfried Leibniz]]
[[vo:Gottfried Leibniz]]
[[war:Gottfried Leibniz]]
[[war:Gottfried Leibniz]]
[[yo:Gottfried Leibniz]]
[[zh:戈特弗里德·莱布尼茨]]
[[zh:戈特弗里德·莱布尼茨]]
[[zh-min-nan:Gottfried Leibniz]]
[[zh-min-nan:Gottfried Leibniz]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2009 ás 21:34

Gottfried Wilhelm von Leibniz.

Gottfried Wilhelm von Leibniz, nado o 1 de xullo de 1646 en Leipzig e finado o 14 de novembro de 1716, en Hanover, foi un filósofo, científico, matemático, diplomático e bibliotecario alemán. Acredítaselle a creación do termo "función" (1694), que usou para describir unha cantidade relacionada cunha curva, como por exemplo a inclinación dunha curva ou un punto calquera dunha curva. En xeral, xunto con Newton, considérase a Leibniz como protagonista do desenvolvemento do cálculo moderno; en particular polo seu desenvolvemento do Cálculo Integral e da Regra do produto.

Orixes

Leibniz era fillo dun profesor de filosofía moral e pertencia a unha familia que servira ao goberno saxonico durante tres xeracións. Demostrou xenialidade tamén nos campos da lei, relixión, política, historia, literatura, lóxica, metafísica e filosofia. Foi o primeiro en comprender que a anatomia da lóxica -- “as leis do pensamento”- é un asunto de análise combinatoria. Na súa visión da existencia dunha “característica universal”, Leibniz atopábase dous séculos por diante, no que concerne á matemática e á lóxica. A unión nun único cerebro, da máis alta habilidade en dous amplos dominios do pensamento matemático, o analítico e o combinatorio, ou o continuo e o descontinuo, non ten precedentes nin antes nin despois de Leibniz. El foi o único home na historia da matemática, que tivo estas dúas calidades de pensamento nun grao superlativo.

Notas biográficas

Aos 15 anos, entrou na Universidade de Leipzig como estudante de Dereito. Aos 17 anos obtivo o grao de bacharelato, polo seu ensaio preenunciando unha das máis importantes doutrinas da súa posterior filosofía. Aos 22 anos, foille recusado o grao de doutor alegándose a xuventude de Leibniz. Tiña vinte e seis anos cando pasou a ter aulas con Christiaan Huyges, que aínda que fose principalmente un físico, alguns dos seus mellores traballos tratan da teoría ondulatoria da luz. A maior parte dos papeis en que rascuñaba as súas ideas nunca revisados, e moito menos publicados, atópanse na Libraría Real de Hanover agardando o paciente traballo de estudantes. Leibniz, creou unha máquina de calcular, superior á que fora creada por Pascal, facendo as catro operacións. En Londres, compareceu a encontros da Sociedade Real, onde exhibiu a súa máquina de calcular, sendo eleito membro estranxeiro da Sociedade antes da súa volta a París en marzo de 1673. En 1676, xa tiña desenvolvidas algunhas fórmulas elementais do cálculo, e tiña descuberto o teorema fundamental do cálculo que só foi publicado o 11 de xullo de 1677, once anos despois da descoberta non publicada de Newton. No período entre 1677 e 1704, o cálculo Leibniziano foi desenvolvido como instrumento de forza real, e doada aplicabilidade no Continente, mentres na Inglaterra, debido á desgana de Newton en dividir as súas descobertas matemáticas, o cálculo continuaba unha curiosidade relativamente non procurada. Durante toda a súa vida, paralelamente á matemática, Leibniz traballou para aristócratas, buscando nas súas xenealoxías probas legais do seu dereito ao título, tendo pasado os seus últimos cuarenta anos, traballando exclusivamente para a familia Brunswick chegando a confirmar aos seus empregadores, o dereito a metade de todos os tronos da Europa. As súas pesquisas leváronno a través de Alemaña, Austria e Italia de 1687 a 1690. En 1700, Leibniz organizou a Academia de Ciencias de Berlín da cal foi o primeiro presidente. Esta Academia permaneceu como unha das tres ou catro principais do Mundo, ata que os Nazis a eliminaron. Morreu solitario e esquecido, tendo sido acompañado, á súa última morada, polo seu secretario, única testemuña dos seus últimos días.

Polémica sobre o Cálculo diferencial

Entre as moitas aportacións que fixo ás matemáticas destaca o Cálculo Diferencial, que foi descuberto por Leibniz e Isaac Newton de xeito independente. Isto provocou unha longa controversia entre os matemáticos ingleses e os do continente pola autoría deste descubrimento, que levaría ó illamento dos matemáticos británicos durante dous séculos (que seguían a usar a complexa notación usada por Newton) o que lles producíu un notable retraso neste campo. Mentres, os europeos usaron a notación de Leibniz, moito máis sinxela e práctica e que se segue a usar hoxe en día.