Notación
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
A palabra notación pode usarse en varios contextos:
- En composición musical (a para a súa interpretación), a música represéntase mediante a notación musical.
- A notación visigótica era o sistema de notación musical utilizado a partir do século VIII para representar as melodías do canto hispánico.
- En química, a notación de Lewis describe enlaces químicos.
- En mecánica cuántica, a notación Bra-ket, ou notación de Dirac, é a notación estándar para describir os estados cuánticos na teoría da mecánica cuántica de Dirac.
- En relatividade, a notación Tensor é un modo xeral para representar un campo gravitatorio.
- En matemáticas, a notación matemática úsase para representar ideas matemáticas, como:
- Un sistema de numeración, é unha notación para escribir números.
- Unha notación posicional, é unha notación que fai a escrita dos números dunha forma máis sistemática e práctica que o sistema de numeración romano.
- Unha notación binaria é unha notación posicional en base dous.
- Unha notación decimal é unha notación posicional en base dez.
- Unha notación sexaxesimal ér unha notación posicional en base seis.
- A notación científica serve para expresar números moi grandes ou moi pequenos.
- A notación de Landau tamén chamada notación o e notación O, é unha notación para a comparación asintótica de funcións.
- A notación Leibnitz é a representación padrón para o cálculo.
- A notación Infix úsase para representar cálculos nun formato case lingüístico, como en a+b-c.
- A notación Prefix ou notación polaca, coloca o operador antes dos operandos, tal como en + a b.
- A notación Postfix ou notación polaca inversa, coloca o operador despois dos operandos, como en a b +.
- A notación Z é unha notación formal para especificar obxectos usando a teoría de conxuntos de Zermelo-Fraenkel e a lóxica de predicado de primeira orde.
- En tecnoloxía, a notación Whyte serve para clasificar as locomotoras de vapor segundo a disposicións dos seus eixes.
- En lingüística a notación de Backus-Naur, ou Backus-Naur form (BNF), Backus-Naur formalism ou Backus normal form, é unha metasintaxe usada para expresar gramáticas libres de contexto, é dicir, unha maneira formal de describir linguaxes formais.
- No xogo do xadrez:
- A notación é o sistema de rexistro das partidas que seguen os xogadores, que se utiliza para transmitir os movementos nas partidas. Hai dous tipos: