Fiorde: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Fjord
m bot Engadido: be:Фіёрд
Liña 38: Liña 38:


[[ar:خلل]]
[[ar:خلل]]
[[be:Фіёрд]]
[[be-x-old:Фіёрд]]
[[be-x-old:Фіёрд]]
[[bg:Фиорд]]
[[bg:Фиорд]]

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2009 ás 10:23

Vista aérea de fiordes na costa leste de Grenlandia.
Fiorde en Noruega.
Ficheiro:DSC01745.JPG
Fiorde nas proximidades de Bergen, Noruega.

Un fiorde (do noruegués fjord) é un val formado pola erosión que a entrada dun glaciar fixo ao profundizar na terra. Normalmente son estreitos e están bordeados por empinadas montañas, que nacen por debaixo do nivel do mar. Os fiordes sitúanse principalmente na costa oeste da península escandinava, onde son un dos elementos xeolóxicos máis emblemáticos da paisaxe.

Formación

A súa orixe remonta a hai aproximadamente 12 mil anos, cando o mar ocupou os espazos que os glaciares escavaran na costa atlántica durante a última Era Glacial. Esas enormes entradas de relevo poden chegar a centos de quilómetros, desde a costa ao interior. Están circundadas por cantís separados entre si por poucos quilómetros.

Atópanse en lugares onde a glaciación (presente ou pasada) chegou ao nivel (actual) do mar. Fórmanse cando un glaciar chega ao mar e se derrete. Isto deixa ao seu paso un val, que queda alagado polo mar ao retirarse o xeo. Adoitan ser longos, estreitos e de gran profundidade.

Os maiores fiordes do mundo son o Scoresby Sund, en Grenlandia con 350 quilómetros de longo, e o Sognefjorden, en Noruega, con 204 km.

Localización

Pódense encontrar fiordes ao longo das costas de:

Etimoloxía

O termo fiorde é un préstamo procedente do noruegués fjord, á súa vez evolución do protoescandinavo *ferþuz, cunha orixe indoeuropea común a outras palabras europeas como o inglés ford, o grego poros e o latín portus.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas