Ácido ribonucleico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: lb:Ribonukleinssaier
SpBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: lb:Ribonukleinsaier
Liña 94: Liña 94:
[[ko:RNA]]
[[ko:RNA]]
[[la:Acidum ribonucleicum]]
[[la:Acidum ribonucleicum]]
[[lb:Ribonukleinssaier]]
[[lb:Ribonukleinsaier]]
[[lt:Ribonukleino rūgštis]]
[[lt:Ribonukleino rūgštis]]
[[lv:Ribonukleīnskābe]]
[[lv:Ribonukleīnskābe]]

Revisión como estaba o 26 de setembro de 2009 ás 19:32

O ácido ribonucleico (ARN ou RNA) é un ácido nucleico, polímero lineal de nucleótidos formando unha longa cadea. O eixo da cadea fórmano grupos fosfato e azucres ribosa de forma alternativa do que toma o seu nome. Os nucleótidos do ARN conteñen o azucre ribosa e entre as súas bases nitroxenadas ao uracilo, a diferenza do ácido desoxirribonucleico (ADN) cuxo azucre é unha desoxirribosa e contén á timina en vez do uracilo. A función principal do ARN é servir como intermediario da información que leva o ADN en forma de xen é e a proteína final codificada por eses xenes. Foi descuberto por Severo Ochoa.

O ARN é transcrito dende o ADN por enzimas chamadas ARN polimerasas e procesado no transcurso por moitas máis proteínas. O uracilo, aínda que é moi diferente, pode formar pontes de hidróxeno coa adenina, o mesmo que a timina faino no ADN. O porqué o ARN contén uracilo en vez de timina é un enigma do que ninguén sabe a resposta.

Fluxo da información xenética

O material xenético das células encóntrase en forma de ADN. Dentro das moléculas de ADN encóntrase a información necesaria para sintetizar as proteínas que utiliza o organismo; pero o proceso non é lineal, é bastante complexo. O ADN non se traduce directamente en proteínas.

Nas células eucariotas o ADN encóntrase encerrado no núcleo. A síntese de ADN faise no núcleo, así como tamén a síntese de ARN, pero a síntese de proteínas acontece no citoplasma. O mecanismo polo cal a información transvásase dende o núcleo celular ao citoplasma é mediante a trascrición do ARN a partir do ADN e da tradución de proteínas a partir de ARN.

ARN, o mensaxeiro

Parte do ADN transcríbese en ARN. O ARN vai como un mensaxeiro ao citoplasma e alí o ribosoma é o lugar físico para a tradución dos xenes a proteínas.

Tipos de ARN

ARN noutros organismos

O ARN é o principal material xenético usado nos organismos chamados virus, e o ARN tamén é importante na produción de proteínas noutros organismos vivos. A mecánica do ARN nos organismos eucarioticos é similar nos organismos procarióticos. O ARN pode moverse dentro das células dos organismos vivos e por conseguinte serve como unha sorte de mensaxeiro xenético, transmitindo a información gardada no ADN da célula, dende o núcleo cara a outras partes da célula onde se usa para axudar a producir proteínas. Unha soa febra de ADN úsase á vez, a RNA polimerasa é a enzima que cataliza o proceso e as bases nitroxenadas son as mesmas. Só que nos procariotes, non existe o núcleo.

Tradución

O ARN transcríbese a partir dunha das dúas cadeas do ADN. En caso contrario, ao se transcribir ambas ao mesmo tempo, dunha das hélices sairía unha proteína e da outra algo totalmente diferente.

Por exemplo, se nunha das cadeas de ADN houbese: GATACA, na outra cadea, a homóloga, debería haber: CTATGT.

A primeira ao se transcribir a ARN daría dous codóns: GAU-ACA. A segunda CUA-UGU.

A primeira formaría a cadea de aminoácidos seguinte. No primeiro caso: Ácido Aspártico-Treonina e no segundo caso: Leucina-Cisteína.

Que só se transcriba unha hélice non significa que sempre sexa a mesma ao longo de todo o cromosoma. Pode transcribirse unha hélice nun sitio e outra noutro.

Na tradución de codóns a aminoácidos interveñen outras moléculas de ARN, as chamadas ARN de transferencia.

Algunhas moléculas de ARN presentan actividade catalítica, e son coñecidas como ribozimas. A maioría dos ARN son autocatalíticos, xa que catalizan o seu propio procesamento. O seu descubrimento é relativamente recente, e antes considerábase que só as proteínas eran as únicas macromoléculas capaces de posuír actividade catalítica.

Bases Nitroxenadas e complemento

Están formadas por pares de bases, a unión destas é semellante á do ADN, pero difire en que a adenina (A) se une ao uracilo (U), entón o seu complemento é:

- Uracilo (U) con Adenina (A)

- Citosina (C) con Guanina (G)=

U - A

C - G

Azucre

O ARN contén o azucre pentosa (ou sexa de 5 carbonos) chamada ribosa e as súas moléculas están formadas tamén por pares de bases, de aí ribonucleico.

Función á materia viva

A función principal do ARN é servir como intermediario á información que lle leva o ADN en forma de xenes e a proteína final codificada por eses xenes. O ARN é transcrito dende o ADN por enzimas chamadas ARN polimerasas e procesado por moitas máis proteínas. O código xenético das células encóntrase en forma de ADN. Dentro das moléculas de ADN encóntrase a información necesaria para sintetizar as proteínas que utiliza o organismo, pero o proceso é lineal, e bastante complexo.