Festa do caracol da Graña do Umia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
arranxiños
Liña 12: Liña 12:


[[Categoría:Forcarei]]
[[Categoría:Forcarei]]
[[Categoría:Festas gastronómicas]]
[[Categoría:Festas gastronómicas galegas]]

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2009 ás 01:08

Imaxe da carballeira da Ponte da Devesa no día da festa do caracol.

A Festa do Caracol da Graña do Umia é unha festa gastronómica celebrada na aldea de A Graña de Umia (Quintillán, Forcarei) o primeiro domingo de setembro (se ben está previsto que para o 2010 se celebre o primeiro domingo de agosto).

Orixe

Os inicios desta festa remóntanse ao ano 2002, onde un grupo de xente da zona se uniu para colaborar e levar adiante a festa do caracol.

Desenvolvemento

Ten lugar na carballeira da Ponte da Devesa. A festa arranca ao mediodía co reparto de centos de quilos de caracois gratis entre os asistentes. O menú consiste en caracol preparado ao estilo rioxano, así como existe tamén a posibilidade de degustar churrasco e polbo.

Ao remate do xantar un grupo musical ameniza o evento ata ben entrada a tarde.