Balea azul: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: af:Blouwalvis
Liña 51: Liña 51:


{{Link FA|en}}
{{Link FA|en}}
{{Link FA|fr}}
{{Link FA|hr}}
{{Link FA|hr}}



Revisión como estaba o 21 de marzo de 2009 ás 00:43

Balea azul
Tamaño dunha balea e dun ser humano

A balea azul (Balaenoptera musculus) é o maior animal sobre a Terra. Algúns exemplares chegaron a ter lonxitudes de 33 metros e pesos de 190 toneladas, con tamaños lixeiramente superiores nas femias que nos machos. Estes exemplares de gran tamaño, observados nos anos 1930, non sobreviviron á caza do home. Na actualidade os exemplares superviventes alcanzan tamaños máis reducidos, duns 25 metros.

Actualmente (decembro de 2005) unha das áreas con maior poboación de baleas azuis é a zona das Illas do Atlántico Sur.

A subespecie que pode encontrarse nas costas canarias e peninsulares ibéricas é a Balaenoptera musculus musculus. É fácil confundila con outra balea, o rorcual común, de dimensions e morfoloxía parecida, pero dunha cor de pel gris escura ou negra.

Taxonomía

Este animal pertence á orde dos cetáceos e ao grupo dos desdentados (Misticetos) que son filtradores.

O nome da especie, musculus, significa "ratiño" en latín. Esta denominación escolleuna Linneo como broma sobre o tamaño deste animal, xa que en realidade é o mamífero máis grande que existiu xamais.

Alimentación

Aliméntase de krill, un pequeno organismo planctónico semellante ao camarón, e alguns peixes pequerrechos. Para isto, posúen varios centos de placas córneas, feitas de balina ou baleen que se denominan "barbas de balea", a través das cales filtran a agua do mar e obteñen o seu alimento que queda atrapado entre estas barbas.

Anatomía

Esqueleto de balea azul, fóra do Laboratorio Mariño da Universidade de California, en Santa Cruz, California, EUA.

O seu ventre moitas veces ten unha cor grisácea ou amarelada debido á presenz de diatomeas (algas) que se adheren a el. A súa parte superior e laterais varían de cor desde o azul ao gris azulado. A súa cabeza é moi longa e fina (aproximadamente un terzo da lonxitude total do animal), aínda máis na sua parte superior, con presenza de raias lonxitudinaies na garganta. É o balénido con barbas máis longas na súa boca (50 cm de ancho por 100 de lonxitude). Ao non ter dentes, é un misticeto. As barbas colgan da mandíbula superior e serven para filtrar os crustáceos da agua.

Na parte superior da cabeza posúen dous orificios, chamados aventadores, que lles serven para respirar. Con frecuencia expulsan aire e agua polos aventadores provocando columnas de agua vaporizada de até 9 metros de altura. Os seus pulmóns poden conter cinco mil litros de ar, aproximadamente.

Este animal pode chegar a ter un corazón tan grande como un automóbil pequeno, a sua lingua é tan grande como un elefante adulto e o seu cerebro pesa catro veces máis que o do ser humano, mostrando signos de grande intelixencia.

A identificación dos exemplares faise moitas veces por catalogación de fotografías das suas aletas dorsais, que son proporcionalmente pequenas, e diferentes en cada individuo.

O seu ritmo cardíaco en momentos de esforzo é de tan só 18 a 20 pulsacions por minuto, en contraste coas 120 normais nos humanos en parecidas circunstancias. Nos segmentos máis anchos das arterias dunha balena azul, unha persoa alta podería permanecer de pé (1,80 m de diámetro).

O seu pene chega a 4 metros de longo e a 1 metro de diámetro.

Características ecolóxicas

As baleas azuis pasan uns oito meses do año en augas do antártico, aí encontran abundancia de krill e durante os meses do inverno migran para augas máis cálidas onde dan a luz as suas crías.

As baleas azuis viven até 90 anos en boas condicions. Porén, debido á caza, a media de idade é de 25 anos.

Segundo alguns estudos, os cantos dunha balea azul poderían ser escoitados e entendidos por outros individuos a unha distancia de 4.000 km; porén, o aumento do ruido no mar provocado polas actividades humanas e os seus motores entorpecen esta capacidade.

A súa taxa de natalidade é moi baixa, xa que lles leva sobre uns 10 anos desenvolverse até a madurez e só teñen unha cría nun período de entre 2 a 5 anos.

Perigo de extinción

Na actualidade os expertos calculan que só quedan unos 1.000 exemplares, a especie estívose cazando case até a extinción para obter os seus ósos, aceite e carne.

Referencia

  • Un mundo compartido- Salvando as baleas para as xeneracions futuras. IFAW (International Fund for Animal Welfare).

Páxinas externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA

Modelo:Link FA