Ventura González Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 14 de setembro de 2014 ás 18:31 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "'''Ventura González Prieto''', nado en 1925 en Valderrey, León, é un empresario castelán afincado en Galicia. ==Traxectoria== Trasladouse a...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Ventura González Prieto, nado en 1925 en Valderrey, León, é un empresario castelán afincado en Galicia.

Traxectoria

Trasladouse a Vigo en 1939, con catorce anos, onde comezou a traballar nunha tenda de ultramarinos. En 1944 abriu un posto de salchichas de catro metros cadrados no mercado do Calvario.

En 1968 comezou a construción do seu primeiro almacén no Troncal, Teis. En 1977 fundou o grupo de alimentación Vegonsa, grupo do que, dende 1998, forma parte ao 50% a empresa vasca Eroski, nacendo Vegalsa-Erosqui, que en 2014 tiña máis de 260 establecementos en Galicia e 5.000 empregados, superando os 900 millóns de euros anuais de facturación.[1]

Recoñecementos

En agosto de 2010 foi nomeado fillo predilecto de Valderrey e en decembro dese mesmo ano o Goberno de España outorgóuselle a Medalla ao Mérito no Traballo.[2]

En febreiro de 2013, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado por José Manuel Fernández Alvariño, entregoulle a Medalla de Ouro da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

O concello de Vigo adicoulle en 2014, en vida, o nome dunha rúa.[3][4]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Vegalsa-Eroski: homenaje a un emprendedor, Ventura González Prieto y la distribución alimentaria en Galicia, 1945-2007,[1] 2008.

Ligazóns externas