Masa molecular: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 6533143 de Breobot (conversa) "En lugar de" aparece explicitamente no DRAG: é correcto.
Etiqueta: Desfacer
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
A '''masa molecular''' é o número de veces que a [[molécula]] dun [[composto]] ou dun [[elemento químico|elemento]] pesa máis, ten máis masa, que un [[átomo]] que se toma como unidade. Calcúlase sumando todas as masas atómicas do elemento correspondente.

O seu valor numérico coincide co da [[masa molar]], pero expresado en [[unidade de masa atómica|unidades de masa atómica]] en lugar de [[gramo]]s/[[mol]]. A masa molecular alude a unha soa molécula, a masa molar corresponde a un [[mol]] (''N'' = 6,022·10<sup>23</sup>) de moléculas.<ref>{{cita web|url=http://quimica.laguia2000.com/conceptos-basicos/masa-molecular|título=Masa molecular|dataacceso=3 de outubro de 2013|data=26 de outubro de 2010|editorial=quimica.laguia2000.com}}</ref>

[[Ficheiro:Female human external genitalia.jpg|miniatura|Molecula ]]

== Cálculo da masa molecular ==
== Cálculo da masa molecular ==

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2024 ás 20:22

A masa molecular é o número de veces que a molécula dun composto ou dun elemento pesa máis, ten máis masa, que un átomo que se toma como unidade. Calcúlase sumando todas as masas atómicas do elemento correspondente. O seu valor numérico coincide co da masa molar, pero expresado en unidades de masa atómica en lugar de gramos/mol. A masa molecular alude a unha soa molécula, a masa molar corresponde a un mol (N = 6,022·1023) de moléculas.[1]

Molecula

Cálculo da masa molecular

A fórmula para calcular a masa molecular é a seguinte:

masa molecular = masa atómica de A * n.º de átomos de A + masa atómica de B * n.º de átomos de B + ...

incluíndo todos os átomos diferentes.

A masa molecular calcúlase sumando as masas atómicas dos elementos que compoñen a molécula. Así, no caso da auga: H2O, a súa masa molecular é:

masa atómica do H: 1,00797 u, aproximadamente igual a (≈) 1 * n.º de átomos de H: 2 + masa atómica do O: 15,9994 u ≈ 16 * n.º de átomos de O: → 2 átomos de H x 1 átomo de O = 2 u + 16 u = 18 u.

Se as cifras decimais son maiores de 0,5, o número másico aproxímase á unidade enteira seguinte. Exemplo: o número másico do osíxeno é 15,9994 ≈ 16. É dicir, o número másico do O é 16.

Ao igual que a masa atómica, a masa molecular exprésase en unidades de masa atómica: Umas (u) ou daltons (Da), que son equivalentes. Os Da teñan a vantaxe de que se poden empregar para moléculas maiores ao aceptar un múltiplo, o quilodalton: kDa.

A masa molecular calcúlase facilmente sumando as masas atómicas. Por exemplo, a masa molecular do ácido sulfúrico:

H2SO4: H = 1,00797 Da; S = 32,065 Da; O = 15,9994 Da

H2 = 2 x 1,00797 Da = 2,01594 Da

S = 1 x 32,065 Da = 32,065 Da

O4 = 4 x 15,9994 Da = 63,9976 Da

Masa molecular = H2 + S + O4 = 2,01594 Da + 32,065 Da + 63,9976 Da = 98,07854 Da

Notas

  1. "Masa molecular". quimica.laguia2000.com. 26 de outubro de 2010. Consultado o 3 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • International Union of Pure and Applied Chemistry (1980). "Atomic Weights of the Elements 1979" (PDF). Pure Appl. Chem. 52 (10): 2349–84. doi:10.1351/pac198052102349.
  • Paul, Hiemenz C. e Lodge P. Timothy. Polymer Chemistry. 2ª ed. Boca Raton: CRC P, 2007. 336, 338–339.

Ligazóns externas