Ariarates III de Capadocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ariarates III de Capadocia
Nacementoséculo III a. C.xuliano
Falecemento220 a. C.
Ocupaciónmonarca
PaiAriamnes II de Capadocia
CónxuxeEstratonice
FillosAriarate IV
editar datos en Wikidata ]

Ariarates III (en grego: Aριαράθης) foi un gobernante de Capadocia no 280 a.C., despois rei de Capadocia no 255 a.C., que morreu ao redor do 220 a.C.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ariarates III era fillo de Ariamnes II, rei de Capadocia, e neto de Ariarates II. Durante do reinado do seu pai, foi asociado ao poder e reinaron xuntos[1]. Polo 255 a.C. amosou a súa independencia pois foi primeiro monarca de Capadocia en autoproclamarse rei (en grego, basileus).

O seu pai, Ariamnes II, pretendeu establecer unha alianza casando ao seu fillo Ariarates coa filla de Antíoco II Theos, rei de Siria, Estratónice. Este casamento produciuse durante a Terceira guerra siria, reinando xa Seleuco II Calinico, irmán de Estratónice.[2] Porén, Ariarates, xunto con outros monarcas, como Mitrídates II do Ponto e Ziaelas de Bitinia, apoiaron a Antíoco Hiérax durante a "guerra fratricida" que enfrontou a este último contra o seu irmán, Seleuco II, na que saíron derrotados.

Porén, durante o seu reinado anexionouse o territorio de Cataonia;[3] aínda que tamén se especula coa posibilidade de que recibise ese territorio trala súa unión con Estratónice, froito da cal naceu o seu sucesor Ariarates IV.

A súa cronoloxía como a dos tres gobernantes anteriores a el é incerta, pois hai autores que o enumeran como Ariarates IV.[1]

Reino de Capadocia

Segue a:
Ariamnes II
(Baixo soberanía seleúcida)
Ariarates III de Capadocia
Precede a:
Ariarates IV Eusebes
Dinastía Ariarátida

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Feller (1838), p. 231
  2. Will (1966), p. 263
  3. "Estrabón, Xeografía, 12.1.2". perseus.tufts.edu (en inglés). Consultado o 21-1-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Feller, François-Xavier de (1838). Biographie universelle ou dictionnaire historique (en francés). Besançon / París: Outhenin-Chalandre fils. 
  • Will, Édouard (1966). Histoire politique du monde hellénistique. Tomo 1 : De la mort d'Alexandre aux avènements d'Antiochos III et de Philippe V. Colección Annales de l'Est (en francés). Nancy: Université de Nancy.