Abel Carbajales Gutiérrez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Abel Carbajales Gutiérrez, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre en Ansemil, foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. Militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro de Celanova dende marzo de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de depuración, aínda que non foi separado do servizo, grazas ás xestións da súa dona, pertencente a unha familia relixiosa e conservadora, foi sancionado con suspensión de emprego e soldo por dous anos, traslado forzoso dentro da provincia e inhabilitación para cargos directivos.[2] Foi destinado a Vilapún (Cervantes) en novembro de 1940.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Santa Eufemia, filla de Francisco Santa Eufemia, en abril de 1934.[4]