Manuel Vázquez Nóvoa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1908 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre ![]() |
Membro de |
Manuel Vázquez Nóvoa, nado en Ourense o 30 de decembro de 1908,[1] foi un mestre galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela.[2] Mestre, membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e colaborador de Escuela de Trabajo, da que era o deseñador. Militaba nas Juventudes Socialistas Unificadas. Foi nomeado mestre da escola graduada de Celanova en novembro de 1934.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído a principios de agosto,[4] e abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[5] Como resultado do expediente de depuración foi separado do servizo e baixa na escala en abril de 1940.[6] Ingresou na Prisión de Ourense o 4 de xuño de 1941, de onde saíu en liberdade provisional en 1943.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa filla do mestre de obras de Ourense Ricardo López Fernández.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales, altas de 1934
- ↑ El Compostelano, 26-4-1932, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-11-1934, p. 12.
- ↑ La Región, 5-8-1936, p. 4.
- ↑ La Región, 30-4-1937, p. 1.
- ↑ La Región, 8-5-1940, p. 4.
- ↑ BOE, 6-6-1943, p. 5469-5471.
- ↑ La Región, 4-5-1935, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Represión na provincia de Ourense Arquivado 16 de maio de 2022 en Wayback Machine.