A Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Arousa
Illa de Arousa
Vista da illa en metade da ría de Arousa
Situación
PaísGaliza
Xeografía
XeoloxíaIlla marítima, de rocha metamórfica e principalmente granítica.
Demografía
CapitalArousa
XentilicioArousán, -á
Lingua propiagalego

A illa Arousa,[1][2] A Arousa,[3][4] ou illa de Arousa[5] é unha illa galega situada no interior da Ría de Arousa, e que forma parte do concello da Illa de Arousa na provincia de Pontevedra, constituíndo a maioría da extensión do termo municipal; o demais é constituído polos illotes de Guidoiro Pedregoso (coñecido tamén só como Guidoiros) e Guidoiro Areoso (coñecido tamén só como Areoso). Na actualidade é a única illa habitada do termo municipal, correspondente coa parroquia da Illa de Arousa, e a máis habitada de Galiza.[6]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A Arousa no atlas de Pedro Teixeira (1634), nomeada como D'AROVÇA

Segundo E. Bascuas, Arousa é unha forma de orixe paleoeuropea, derivada da raíz indoeuropea *er- 'mover'. Este topónimo está rexistrado no ano 899 como "insulam Arauza".[7] Outras teorías vincularon o topónimo a outras raíces preindoeuropeas, a linguas goidélicas ou ao latín.[8][9]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie aproximada de 7 quilómetros cadrados [10] e a poboación (de arredor de 5000 habitantes) concentrábase historicamente nun estreito istmo e os seus arredores.

O istmo une unha pequena península onde se atopa o Con do Forno, o punto máis alto do municipio (69 m) co resto da illa.

Enlaza coa Península Ibérica mediante unha ponte de dous quilómetros de lonxitude, que foi inaugurada en 1985.

Ten uns 36 quilómetros de costa, dos cales 11 son praias, de area branca e fina.

Ten restos arqueolóxicos romanos e da Idade do Ferro nos arredores da praia do Naso e Os Bufos (un castro e unha necrópole, entre outros),[11][12][13] en parte espoliados.[14]

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

A maior parte da Arousa está formada por rochas metamórficas e graníticas. A parte norte forma parte, xunto con case a totalidade de Sálvora, Ribeira e a maior parte do Salnés do plutón de Caldas de Reis.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "As letras galegas en Arousa". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-04-17. 
  2. "Ria de Arousa". www.turismo.gal. Consultado o 2023-04-17. 
  3. Illa, damián pereira-A. (2012-08-19). "A Arousa, un lugar para perderse". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-04-17. 
  4. "A Arousa en Movemento ; A Arousa a pé". moveailla.gal. Consultado o 2023-04-17. 
  5. "Relación: ‪A Illa de Arousa‬ (‪1809107‬)". OpenStreetMap. Consultado o 2023-04-17. 
  6. Pedrido, Patricia (2023-03-24). "Areoso, a "Ávalon" galega". Faro de Vigo. Consultado o 2023-04-17. 
  7. Bascuas López, Edelmiro (2008). "La hidronimia de Galicia: Tres estratos. Paleoeuropeo, celta y latino". Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol (24): 521–550. ISSN 0213-4357. 
  8. "Historia e historias da Arousa: Máis sobre o topónimo "Arousa"". Historia e historias da Arousa. Consultado o 2023-04-17. 
  9. Orjais, José Luís Do Pico (quinta-feira, 2 de xullo de 2009). "Ilha de Orjais: nº 52 O nome da Arousa". Ilha de Orjais. Consultado o 2023-04-17. 
  10. Página web de Guiapueblos.es con los datos de referencia. Arquivado 30 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Consultado el 18 de maio de 2019
  11. "Playa O Naso en A Illa". www.paxinasgalegas.es (en castelán). Consultado o 2023-04-17. 
  12. "Necrópole de Os Bufos-A Illa de Arousa". Patrimonio Galego. Consultado o 2023-04-17. 
  13. "Necrópolis Campo dos Bufos en Illa de Arousa". www.revistaesmas.com (en castelán). Consultado o 2023-04-17. 
  14. "Patrimonio confirma que el yacimiento isleño de Os Bufos ha sufrido expolios". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-03-03. Consultado o 2023-04-17. 
  15. "P.N. de las Islas Atlánticas de Galicia". www.igme.es. Consultado o 2023-04-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]