Buceta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A buceta é unha embarcación tradicional galega, característica da ría de Muros e Noia, aínda que se estende ata a costa da Morte polo norte e o río Miño cara ao sur.

Características[editar | editar a fonte]

Considérase unha evolución da lancha, aínda que de máis pequeno tamaño de 4 a 6 metros de eslora. Ten dúas proas, o que dificultou a súa supervivencia na aparición do motor. A súa estreita manga configura unha forma moi axeitada para o remo.

Emprégase para o casco a construción a tope. Non observa unha estrita simetría entre a proa e a popa, xa que a primeira é máis alta e lanzada. Moi lixeira, ao carecer de cuberta, corredor e tilla. Ademais, as pezas de madeira son máis finas que noutras embarcacións. Emprégase carballo para as cadernas e a quilla, e piñeiro país nas outras pezas.

Presenta dous ou tres pares de remadoiras en función do seu tamaño. Tamén pode navegar a vela de martelo ou ben de relinga. No primeiro caso, o pau é menor que a verga, e ó contrario nas de relinga[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]