Escalada nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
Escalada nos Xogos da XXXII Olimpíada | |
---|---|
![]() ![]() Vista aérea do Aomi Urban Sports Park de Toquio, sede principal. | |
Sede | Aomi Urban Sports Park, Toquio |
Datas | 3–6 de agosto de 2021 |
N.º de eventos | 2 |
Competidores | 40 de 19 nacións |
Escalada nos Xogos Olímpicos de 2020 | ||
---|---|---|
![]() | ||
Clasificación | ||
Combinada | masculina | feminina |
A escalada nos Xogos Olímpicos de 2020 foi un evento organizado nos Xogos Olímpicos de Verán de 2020 en Toquio, Xapón[1] (postergados ao 2021[2] debido á pandemia de COVID-19). Celebráronse dous eventos, un para homes e outro para mulleres. O formato constou de tres disciplinas: escalada de dificultade (ou lead), escalada de velocidade e bouldering (ou escalada en bloque). O gañador determinouse en función de quen tivo mellor rendemento global nas tres disciplinas. Este formato probárase previamente nas Xogos Olímpicos da Xuventude 2018. O código olímpico para a escalada deportiva é CLB.
Por mor dunha brecha na seguridade olímpica, filtráronse dous boulders de cualificación en YouTube; o vídeo foi rapidamente eliminado e os boulders afectados restablecidos.[3]
Formato
[editar | editar a fonte]O 3 de agosto de 2016, o Comité Olímpico Internacional (COI) anunciou formalmente que a escalada sería deporte olímpico con medallas nos Xogos Olímpicos de 2020.[1][4] A inclusión fora proposta pola Federación Internacional de Escalada (IFSC) en 2015.[5]
A decisión de combinar tres disciplinas—escalada de dificultade (lead), bouldering e escalada de velocidade— cun total de tres medallas por sexo—causou enorme criticismo no mundo da escalada.[6]
A escaladora Lynn Hill dixo que a decisión de incluír a escalada de velocidade era como "pedirlle a un corredor de media distancia competir na modalidade de sprint." O escalador Adam Ondra manifestou unha opinión similar, comentando nunha entrevista que calquera outra cousa tivese sido mellor que a combinación proposta. Hai certa mestura deportiva entre atletas nas categorías de escalada de dificultade (lead) e boulder, pero a escalada de velocidade adoita verse como unha disciplina totalmente separada das outras dúas que practican atletas especializados. A escaladora Shauna Coxsey afirmou: "Ningún escalador de boulder fixo unha transición á modalidade de velocidade e dificultade, así como ningún escalador de velocidade a fixo ao bouldering e dificultade".[6][7]
Os membros da IFSC explicaron que o comité olímpico só lles concedera unha medalla de ouro por sexo e que non quixeron excluír os escaladores de velocidade. O obxectivo da IFSC para os Xogos Olímpicos de 2020 era principalmente establecer a escalada e as súas tres disciplinas como deportes olímpicos; os cambios no formato xa poderían vir máis adiante se fosen necesarios. Esta táctica resultou exitosa: concedéuselles un segundo conxunto de medallas para os Xogos Olímpicos de 2024, e en 2024 a escalada de velocidade será un evento separado do evento que combina escalada de dificultade e bouldering.[6][8][9]
A clasificación final calculouse multiplicando a clasificación dos escaladores en cada disciplina de escalada, sendo a mellor puntuación a máis baixa.[10][11]
Clasificación
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Escalada nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 - Clasificación.
Houbo 40 prazas dispoñibles en escalada para os Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Cada comité olímpico nacional podía obter un máximo de 2 prazas para cada evento (cun máximo de 4 entre dous eventos). Cada evento tivo 20 competidores clasificados: 18 da fase clasificatoria, 1 do anfitrión (Xapón) e mais 1 das invitacións da Tripartite Commission.[12]
O Mundial de Escalada de 2019 serviu como evento clasificatorio outorgando 7 prazas por xénero para o torneo olímpico aos vencedores dos eventos combinados.[13][14]
Calendario
[editar | editar a fonte]Q | Clasificación | F | Finais |
Modalidade | 3 de agosto | 4 de agosto | 5 de agosto | 6 de agosto | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Combinada masculina | |||||||||||||||
Combinada feminina |
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Clasificáronse 40 escaladores de 19 países. Os eventos de clasificación incluíron o Mundial de Escalada de 2019, un evento de clasificación olímpica, e campionatos continentais.
Alemaña nos Xogos Olímpicos (2)
Australia nos Xogos Olímpicos (2)
Austria nos Xogos Olímpicos (2)
Canadá nos Xogos Olímpicos (2)
Kazakhstán nos Xogos Olímpicos (1)
China nos Xogos Olímpicos (2)
Corea do Sur nos Xogos Olímpicos (2)
Eslovenia nos Xogos Olímpicos (2)
España nos Xogos Olímpicos (1)
Estados Unidos nos Xogos Olímpicos (4)
Francia nos Xogos Olímpicos (4)
Gran Bretaña nos Xogos Olímpicos (1)
Italia nos Xogos Olímpicos (3)
Polonia nos Xogos Olímpicos (1)
República Checa nos Xogos Olímpicos (1)
- ROC nos Xogos Olímpicos (3)
Suíza nos Xogos Olímpicos (1)
Suráfrica nos Xogos Olímpicos (2)
Xapón nos Xogos Olímpicos (4) (Organizador)
Resumo de medallas
[editar | editar a fonte]Medalleiro
[editar | editar a fonte] * País organizador ( Xapón)
Posición | País | Ouro | Prata | Bronce | Total |
---|---|---|---|---|---|
1 | ![]() | 1 | 0 | 0 | 1 |
![]() | 1 | 0 | 0 | 1 | |
3 | ![]() | 0 | 1 | 1 | 2 |
4 | ![]() | 0 | 1 | 0 | 1 |
5 | ![]() | 0 | 0 | 1 | 1 |
Totais (5 países) | 2 | 2 | 2 | 6 |
Medallistas
[editar | editar a fonte]Evento | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
Combinada masculina |
![]() ![]() |
![]() ![]() |
![]() ![]() |
Combinada feminina |
![]() ![]() |
![]() ![]() |
![]() ![]() |
Récords acadados
[editar | editar a fonte]Evento | Rolda | Escalador(a) | País | Tempo | Data | Récord |
---|---|---|---|---|---|---|
Combinada masculina (velocidade) | Clasificación | Bassa Mawem | ![]() |
5.45 | 3 de agosto | RO[17] |
Combinada feminina (velocidade) | Clasificación | Aleksandra Mirosław | ![]() |
6.97 | 4 de agosto | RO[18] |
Final | Aleksandra Mirosław | ![]() |
6.84 | 6 de agosto |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "IOC approves five new sports for Olympic Games Tokyo 2020 – Olympic News". Olympic.org. Consultado o 8 de agosto de 2016.
- ↑ "Joint Statement from the International Olympic Committee and the Tokyo 2020 Organising Committee". olympic.org. IOC. 24 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Breach of Security at Olympic Climbing Wall Causes Kerfuffle". Climbing.com. 2021-07-29. Consultado o 7 de agosto de 2021.
- ↑ "Climbing Officially Approved for 2020 Olympics". climbing.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019.
- ↑ "IFSC Proposes Sport Climbing For Toyko 2020 Olympic Games". The British Mountaineering Council. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Rock climbing will be a 2020 Olympic sport. Here's what to expect.". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019.
- ↑ "Sport climbing is like asking Usain Bolt to run a marathon and then do the hurdles". Olympic.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019.
- ↑ "Vertical Triathlon: The Future of Climbing in the Olympics". climbing.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019.
- ↑ "Olympic Committee Unanimously Votes to Include Sport Climbing in Paris 2024 Games". climbing.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de xullo de 2019.
- ↑ Burgman, John. "A Guide to the Tokyo 2020 Olympic Climbing Format". Climbing Magazine (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2019.
- ↑ "How Does Sport Climbing At The Olympics Work? – Olympic Climbing Format Explained". Climber News. 27 de xullo de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ Sistema de cualificación - Xogos da XXXII Olimpíada - Escalada deportiva; Federación Internacional de Escalada Deportiva, 15 de marzo de 2018.
- ↑ "GB Climbing in Hachioji: first step to Tokyo 2020". British Mountaineering Council. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "IFSC Climbing World Championships – Hachioji (JPN) 2019". International Federation of Sport Climbing. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "Schedule – Sport Climbing Tokyo 2020 Olympics". Olympian Database. Consultado o 8 de marzo de 2020.
- ↑ "Sport Climbing Competition Schedule". Tokyo 2020. Consultado o 8 de marzo de 2020.
- ↑ "Sport Climbing – Men's Combined Speed Qualification Results" (PDF). Tokyo 2020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ "Women's Combined Speed Qualification Results" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de agosto de 2021. Consultado o 05 de agosto de 2021.
- ↑ "Sport Climbing – Women's Combined – Speed Final Brackets" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2021. Consultado o 06 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: |
![]() Escalada nos Xogos Olímpicos XXVII edición |
Sucesor:![]() |