Saltar ao contido

Erte..!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Erte..!

Editar o valor en Wikidata
Fundación1933
Lingualingua galega
LocalidadeFerrol
Descrito porEnciclopedia Galega Universal, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Diccionario da literatura galega
Na rede
Galiciana: 577295
editar datos en Wikidata ]

Erte..! foi un periódico publicado en Ferrol en 1933.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico galeguista, apareceu o 25 de marzo de 1933[1]. Semanario bilingüe órgano do Grupo ferrolán do Partido Galeguista, estaba dirixido por Nicolás García Pereira, e o administrador era R. Valerio Caramés. Cambiou o seu subtítulo por Boletín galeguista. Entre os seus colaboradores figuraban os deputados Ramón Suárez Picallo, Alfonso Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo e outras personalidades da cultura como Ricardo Carballo Calero, Xavier Bóveda e Alexandre Bóveda, Álvaro Cunqueiro, Vicente Risco, Manuel Masdías e Camilo Fernández. Cesou a súa publicación ao extinguírense as actividades dos seus fundadores.

  1. El Pueblo Gallego, 16-3-1933, p. 13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]