Eritrosa 4-fosfato
| Eritrosa 4-fosfato | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| C₄H₉O₇P | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
A eritrosa 4-fosfato [1][2] ou eritrosa-4-fosfato [3] é o monosacárido derivado da eritrosa cun fosfato esterificado no carbono 4. Trátase dun azucre de 4 carbonos (tetrosa), cun grupo aldehido (aldosa) e un grupo fosfato no carbono 4. É un intermediario importante na ruta da pentosa fosfato e do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese, e intervén tamén na síntese de aminoácidos aromáticos como tirosina, fenilalanina e triptófano.
Na ruta da pentosa fosfato
[editar | editar a fonte]A eritrosa 4-fosfato é un dos azucres que intervén na fase non oxidativa da ruta da pentosa fosfato. Orixínase na reacción entre a sedoheptulosa 7-fosfato e o gliceraldehido 3-fosfato catalizada polo encima transaldolase, na que se orixina frutosa 6-fosfato e eritrosa 4-fosfato [4].
Na reacción final da ruta a eritrosa 4-fosfato reacciona coa xilulosa 5-fosfato, dando lugar a gliceraldehido 3-fosfato e frutosa 6-fosfato, pola acción da transcetolase.
No ciclo de Calvin
[editar | editar a fonte]No ciclo de Calvin da fase rexenerativa da fase escura da fotosíntese a eritrosa 4-fosfato orixínase na reacción do gliceraldehido 3-fosfato coa frutosa 6-fosfato, que é a mesma da ruta da pentosa fosfato, pero en sentido contrario.
Despois, a eritrosa formada reacciona coa dihidroxiacetona fosfato orixinando sedoheptulosa 1,7-difosfato [4]
Síntese de aminoácidos
[editar | editar a fonte]A eritrosa 4-fosfato intervén na síntese de aminoácidos aromáticos como fenilalanina, tirosina e triptófano. A fenilalanina é un aminoácido esencial para o home. As plantas sintetízana a partir de fosfoenolpiruvato e eritrosa 4-fosfato, as cales orixinan en varios pasos ácido siquímico, o cal nunha ruta de 5 reaccións orixina a fenilalanina. A partir de intermediarios da mesma ruta orixínanse nas plantas a tirosina e o triptófano. No home a tirosina pode sintetizarse a partir da fenilalanina, e o triptófano é esencial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PubChem compound Erythrose 4-phosphate
- ↑ CHEBI
- ↑ MeSH erythrose-4-phosphate Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- 1 2 A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 456-457, 665. ISBN 84-282-0738-0