Sedoheptulosa 7-fosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sedoheptulosa 7-fosfato

Sedoheptulose 7-phosphate.svg

Nome IUPAC (2R,3R,4R,5S)-(2,3,4,5,7-Pentahidroxi-6-
oxoheptil) dihidróxeno fosfato[1]
Outros nomes Sedoheptulosa-7-P
Fórmula empírica C7H15O10P
Masa molecular 290,162 g/mol
Estado físico/Cor
Número CAS 2646-35-7
Propiedades
Densidade
Punto de fusión
Punto de ebulición
Solubilidade en auga

A sedoheptulosa 7-fosfato [2] [3] ou sedoheptulosa-7-fosfato é unha molécula do monosacárido sedoheptulosa fosforilada no carbono 7. Trátase dun azucre de sete carbonos (heptosa), cun grupo cetona no carbono 2 (é unha cetosa) e cun fosfato esterificado no carbono 7. No metabolismo actúa como intermediario da ruta da pentosa fosfato e nas plantas no ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese.

Na ruta da pentosa fosfato[editar | editar a fonte]

A sedoheptulosa 7-fosfato intervén na fase non oxidativa da ruta da pentosa fosfato. Orixínase na reacción entre a ribosa 5-fosfato e a xilulosa 5-fosfato catalizada polo encima transcetolase, que dá lugar a sedoheptulosa 7-fosfato e gliceraldehido 3-fosfato.

ribosa 5-fosfato + xilulosa 5-fosfato gliceraldehido 3-fosfato + sedoheptulosa 7-fosfato

Despois, o gliceraldehido 3-fosfato e a sedoheptulosa 7-fosfato reaccionan formando frutosa 6-fosfato e eritrosa 4-fosfato, en reacción catalizada pola transaldolase.

gliceraldehido 3-fosfato + sedoheptulosa 7-fosfato frutosa 6-fosfato + eritrosa 4-fosfato

Na fotosíntese[editar | editar a fonte]

Na fase rexenerativa do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese a sedoheptulosa 7-fosfato intervén nas seguintes reaccións [4]:

Orixínase a partir da sedoheptulosa 1,7-difosfato, que perde o fosfato do carbono 1 en reacción catalizada pola sedoheptulosa-1,7-bisfosfatase.

sedoheptulosa 1,7-difosfato sedoheptulosa 7-fosfato + Pi

Despois, a sedoheptulosa 7-fosfato formada reacciona co gliceraldehido nunha reacción similar á da ruta da pentosa fosfato, pero en dirección inversa.

sedoheptulosa 7-fosfato + gliceraldehido 3-fosfato ribosa 5-fosfato + xilulosa 5-fosfato

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ChemSpidefr [1]
  2. PubChem compound Sedoheptulose 7-phosphate
  3. CHEBI sedoheptulose 7-phosphate
  4. A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 665. ISBN 84-282-0738-0.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]