Eremotherium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Eremotherium
Rango fósil: Plistoceno temperán - Holoceno temperán
WLA hmns Giant ground sloth 2.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Superorde: Xenarthra
Orde: Pilosa
Familia: Megatheriidae
Subfamilia: Megatheriinae
Tribo: Megatheriini
Subtribo: Megatheriina
Xénero: Eremotherium
Spillmann, 1948
Especies
  • E. laurillardi Lund, 1842
  • E. eomigrans De Iullis e Cartelle, 1999
Sinonimia

Chelonia
Harlan, 1842
Xenocnus
Paula Couto, 1980

Eremotherium é un xénero extinto de mamíferos placentarios da orde Pilosa de distribución principalmente intertropical, cuxos restos foron recuperados o longo de toda América. Porén, a clasificación dos seus fósiles é cuestionada, dada a escaseza de material e a carencia de criterios unificados para avaliar variacións de caracteres morfolóxicos.[1] Os fósiles teñen unha antigüidade de entre 1,8 millóns e 10.000 anos.

Historia taxonómica[editar | editar a fonte]

Foi nomeado por primeira vez por Spillmann en 1948, quen o incluíu na familia Megatheriidae; logo confirmado por Carrol en 1988, Cisneros en 2005 e Salles en 2006.[2][3][4][5] Gaudin en 1995 asígnao á subfamilia Megatheriinae.[6]

Carlos de Paula Couto (1910-1985), en 1980, sobre a base dun fósil describiu a especie Xenocnus cearensis que logo, en 2008, Cartelle atribuíu a un Eremotherium laurillardi[7]

Especies[editar | editar a fonte]

A morfoloxía cranial, mandibular e dental entre E. laurillardi e E. eomigrans son indistinguibles, pero o resto do esqueleto de E. eomigrans é máis grácil e as patas anteriores son pentadáctilas, mentres que o E. laurillardi é máis robusto e as patas anteriores son tetradáctilas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alfonzo Hernández, Imerú. "Eremotherium laurillardi (XENARTHRA: MEGATERIIDAE): Biometría de los astrágalos procedentes del Pleistoceno, de Falcón y del Distrito Capital, Venezuela". 
  2. "The Paleobiology Database: Eremotherium.". 
  3. Carrol. K. Behrensmeyer, K. Behrensmeyer e M. Carrano, ed. Vertebrate Paleontology and Evolution (en inglés). Nueva York: W. H. Freeman and Company. 
  4. Cisneros, J. C. "New Pleistocene vertebrate fauna from El Salvador". Revista Brasileira de Paleontologia. 8 (3). Págs. 239-255. 
  5. L. O. Salles, C. Cartelle, P. G. Guedes, P. C. Boggiani, A. Janoo e C. A. M. Russo. "Quaternary mammals from Serra do Bodoquena, Mato Grosso do Sul, Brazil". Boletim do Museu Nacional (521). Págs. 1-12. 
  6. Gaudin, T. J. "The ear region of edentates and the phylogeny of Tardigrada (Mammalia, Xenarthra)". Journal of Vertebrate Paleontology 15 (3). Págs. 672-705. ,
  7. C. Cartelle, G. De Iuliis, e F. PUJOS. "Una nueva especie de Megalonychidae (Mammalia, Xenarthra) del Cuaternario de Poço Azul (Bahia, Brasil)". Comptes Rendus Palevol 7 (6). Págs. 335-346. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dinosaur Encyclopedia de Jayne Parsons
  • After the Dinosaurs: The Age of Mammals (Life of the Past) de Donald R. Prothero