Richard Harlan
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de setembro de 1796 Filadelfia, Estados Unidos de América |
| Morte | 30 de setembro de 1843 (47 anos) Nova Orleáns, Estados Unidos de América |
| Educación | Faculdade Perelman de Medicina da Universidade de Pensilvânia (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Zooloxía e paleontoloxía |
| Ocupación | botánico, paleontólogo, físico, naturalista, zoólogo, herpetólogo, médico |
| Empregador | Academia das Ciencias de San Petersburgo |
| Membro de | |
| Obra | |
| Abreviación dun autor en botánica | Harlan |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Harlan |
| Familia | |
| Cónxuxe | Margaret Hart Simmons Howell Harlan |
| Irmáns | Josiah Harlan |
| Parentes | Scott Reiniger |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron American Medical Biographies (en) |
Richard Harlan, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 19 de setembro de 1796 e finado en Nova Orleáns (Luisiana) o 30 de setembro de 1843, foi un médico, naturalista, zoólogo, botánico, físico e paleontólogo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduise en medicina na Universidade de Pensilvania. Sendo aínda estudante, foi membro da Academia de Ciencias Naturais de Filadelfia, a primeira sociedade científica de Historia natural dos Estados Unidos.
Ao acabar o seu doutoramento, en 1818, foi médico de a bordo e viaxou á India durante un ano.
En 1821 foi nomeado profesor de anatomía comparada no Museo de Filadelfia.
Obras
[editar | editar a fonte]- Fauna Americana, 1825
- Genera of North American Reptilia, & a Synopsis of the Species. Dous vols., 1826-1827 (Foi o primeiro catálogo da fauna herpetolóxica de América do Norte).
- American Herpetology, 1827
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]A abreviatura Harlan emprégase para indicar a Richard Harlan como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
A abreviatura Harlan emprégase para indicar a Richard Harlan como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Richard Harlan |