OV5 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
OV5 1 / ERS 27
TipoTecnolóxico
Destino actualEn órbita, fora de servizo.[1]
Data de lanzamento28 de abril de 1967[1][2][3][4]
Foguete portadorTitan IIIC[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónDesenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2]
NSSDC ID1967-040E
Masa6,3 kg[2][6][7]
DimensiónsOctaedro cunha distancia de 29,2 cm de aresta nos triángulos de cada cara.[2]

OV5 1 (Orbiting Vehicle 5 1), tamén denominado ERS 27, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 28 de abril de 1967 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

OV5 1 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. O labor de OV5 1 consistiu en monitorizar os raios X solares (a lonxitudes de onda de entre 2 e 14 ángstroms e enerxías de entre 33 e 90 KeV) e os protóns provenientes das erupcións solares. Como misión secundaria, OV5 1 medíu as partículas do contorno terrestre con enerxías de entre 1 e 80 MeV (para protóns) e 0,04 a 3,3 MeV (para electróns). O satélite tiña forma de octaedro cunha distancia de 29,3 cm entre cada beira triangular e estabilizábase mediante xiro a 12 r.p.m. Cada unha das oito facetas triangulares estaba recuberta por 102 células solares que en conxunto producían unha potencia total de 4 vatios.

A bordo levaba seis tubos Geiger, dous contadores de plástico de centeleo, un detector de silicio, un detector de barreira de superficie e un detector de ioduro de sodio rodeado por plástico de centeleo. A temperatura do satélite regulábase pasivamente e a posición do satélite respecto Sol determinábase mediante un sensor solar a bordo. O satélite deixou de transmitir en xuño de 1968 polo apagado do transmisor mediante un contador preprogramado. OV5 1 foi inxectado nunha órbita inicial de 111.242 km de apoxeo e 8590 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,9 graos e un período de 2831,0 minutos.[1][2][3][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ERS 27 (OV5-1)" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "ERS 27" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 29 August 1967 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (67-20287). 5 de setembro de 1967: 2. A/AC.105/INF.169. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "ERS 27 / OV5-1" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "OV5 (ERS)" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]