TTS 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
TTS 1 / ERS 30 / TETR 1
TipoTecnolóxico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento13 de decembro de 1967[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta E[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónDesenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2]
Decaemento28 de abril de 1968[1]
NSSDC ID1967-123B
Masa20,0 kg[2][6][7]

TTS 1 (Test and Training Satellite 1), tamén coñecido como TETR 1 e ERS 30, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 13 de decembro de 1967 mediante un foguete Delta E desde Cabo Cañaveral.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

TTS 1 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TTS 1 foi lanzado no mesmo foguete que Pioneer 8 e a súa función foi servir de satélite de adestramento para as estacións terrestres asignadas ó proxecto Apollo, para o cal levaba a bordo un transpondedor de 9,5 vatios en banda S (2101,9 MHz e 2283,5 MHz). Tiña forma de octaedro duns 30 cm de lado e a alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que recargaban as baterías de a bordo, de níquel-cadmio. TTS 1 foi inxectado nunha órbita inicial menor do planeada, de 482 km de apoxeo e 293 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,9 graos e un período de 92,3 minutos, reentrando na atmosfera o 28 de abril de 1968, chegando a cumprir a súa misión de todos modos.[1][2][3][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TATS 1 (TETR-1)" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "ERS 29" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 26 March 1968 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (68-07601). 1 de abril de 1968: 3. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "TTS 1" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TTS, TETR (ERS)" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]