TRS 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
TRS 6 / ERS 13
TipoTecnolóxico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento17 de xullo de 1964[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas-Agena D[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónDesenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2]
Decaemento1 de xaneiro de 1966[1]
NSSDC ID1964-040C
Masa2,0 kg[2][6][7]

TRS 6 (Tetrahedron Research Satellite 6), tamén denominado ERS 13, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 17 de xullo de 1964 mediante un foguete Atlas-Agena D desde Cabo Cañaveral.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

TRS 6 foi o sexto membro exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 6 foi lanzado xunto cos satélites Vela 3 e Vela 4. Levaba a bordo un contador de centeleo e un detector de estado sólido para a detección dos electróns e protóns do cinto de radiación. O satélite transmitía datos na frecuencia de 136 MHz, pero debido á baixa potencia do transmisor (só 100 mW non se obtiveron datos a unha distancia de máis de 6 radios terrestres (uns 40.000 km). Reentrou na atmosfera o 1 de xaneiro de 1966.[1][2][3][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ERS 13" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "ERS 13" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2012. Consultado o 7 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 7 April 1965 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). 7 de abril de 1965. Consultado o 7 de xaneiro de 2013. [Ligazón morta]
  4. Claude Lafleur (2010). "ERS 13 / TRS 6" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TRS Mk. 1 (ERS)" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]