Enterro da Sardiña en Murcia
O Enterro da Sardiña é unha festividade que se celebra en Murcia (España) durante as Festas de Primavera e cuxo acto central é un gran desfile de carrozas que culmina coa queima da sardiña o sábado seguinte á Semana Santa. Está declarada Festa de interese turístico internacional.
Os seus inicios remóntanse ao ano 1851, cando un grupo de estudantes murcianos querían imitar as mascaradas que viran en Madrid.
Durante todo o ano as chamadas agrupacións sardiñeiras fan os preparativos da festa. Dentro destes actos preparatorios as agrupacións nomean cada ano un Gran Peixe e, desde 1988, a unha Dona Sardiña, títulos honoríficos que presiden simbolicamente as celebracións. As agrupacións sardiñeiras en Murcia son: Apolo, Aquiles, Baco, Centauro, Centro Brujo, Ceres, Diana Cazadora, Eros, Hércules, Júpiter, Marte, Mercurio, Momo, Morfeo, Neptuno, Odín, Palas Atenea, Plutón, Polifemo, Saturno, Selene, Ulises e Vulcano.
A semana previa ao gran desfile do sábado realízanse multitude de pequenos desfiles de charangas e actos preparatorios entre os que destacan o testamento e o velorio da sardiña. O desfile do sábado consiste nun desfile mestura de entroido e mitolóxico, no que o principal interese son os xoguetes que reparten desde as carrozas. Unha vez finaliza o desfile, quéimase unha escultura que representa unha gran sardiña. A queima da sardiña prodúcese xunto á Ponte Vella e a continuación un gran despregamento de fogos artificiais pon fin ás Festas de Primavera.
Gran Peixe e Dona Sardiña
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ano | Nomes |
---|---|
1967 | Rosendo Lostau Ferrán |
1968 | Manuel Fraga |
1970 | Gaspar Masso |
1972 | José Luis Oltra Moltó |
1973 | José Luis López Vázquez |
1974 | Jaime Campmany |
1975 | Cristóbal Páez |
1976 | Gabriel Cañadas |
1977 | Francisco Oliver |
1978 | Francisco Sabater García |
1979 | Francisco García Ruíz |
1980 | Luis Valenciano Gaya |
1981 | Gustavo Pérez Puig |
1982 | Ángel Tomás Martín |
1983 | José Sánchez Gómez |
1984 | José Manuel Garrido Guzmán |
1985 | José García Martínez |
1986 | Manuel Medina Borbón |
1987 | Manuel Muñoz Barberán |
1988 | Carlos Egea Krauel e Ana Romero |
1989 | Ramon Arcas Meca e María José Montesinos |
1990 | Carlos Collado Mena e Eukene Morcillo |
Ano | Nomes |
---|---|
1991 | Félix Martínez Robles e Adelina García |
1992 | Carlos Valcárcel e Ana de la Cierva |
1993 | Inocencio Arias e Carmen Castelo |
1994 | José María Manzanares e Amparo Marzal |
1995 | Manuel Torres Martínez e Esther Arroyo |
1996 | Eugenio Galdón Brugarolas e Isabel Silvestre |
1997 | Pedro Cano Hernández e María José Alarcón |
1998 | José Ortega Cano e Tati García |
1999 | José Carreres Alfonso e Cristina Fernández |
2000 | José Antonio Camacho e María Escario |
2001 | Pedro Guillén e Eva Pedraza |
2002 | José Antonio Abellán e Anne Igartiburu |
2003 | Ernesto Sáenz de Buruaga e Mar Saura |
2004 | José Manuel Martínez Martínez e Patricia Betancort |
2005 | J.J. Santos e Elsa Anka |
2006 | José Antonio Lozano Teruel e María José Besora Villanueva |
2007 | Jesús Samper e Nieves Barnuevo |
2008 | Carlos Santos e Marta Valverde |
2009 | Pepín Liria e Noelia Arroyo |
2010 | Ángel Martínez e Pepa Aniorte |
2011 | Antonio Hidalgo e Eva Abril |
2012 | Patricio Valverde Espín e Ruth Lorenzo |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enterro da Sardiña en Murcia |