José Ortega Cano
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de decembro de 1953 Cartaxena, España |
| Actividade | |
| Ocupación | matador, toureiro, gandeirio de bravo |
| Outro | |
| Cónxuxe | Rocío Jurado (1995–2006), morte do cónxuxe |
| Condenado por | Homicídio culposo (pt) |
| Cronoloxía | |
| alternativa | |
| Premios | |
| |
José María Ortega Cano, nado en Cartagena o 27 de decembro de 1953, é un toureiro español retirado
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Está considerado un toureiro de corte clásica. Tomou a alternativa en Zaragoza en 1974 e converteuse nunha das principais figuras da tauromaquia durante os anos 1980 e primeiros anos 1990. Obtivo importantes triunfos en Las Ventas de Madrid, de onde saíu ao carricho en catro ocasións e onde en 1982 lidou a Velador, o único touro indultado nesta praza. Viviu tamén a cara amarga do toureo, sufrindo diversas collidas de enorme gravidade.
Foi fortemente criticado [Cómpre referencia] por algunhas das súas actuacións durante os seus últimos anos como matador, nos que adquiriu gran popularidade mercé ao seu matrimonio coa cantante Rocío Jurado.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 17 de febreiro de 1995 coa cantante Rocío Jurado, en Castilblanco de los Arroyos. En decembro de 1999 adoptaron dous nenos, José Fernando (1993) e Gloria Camila (1996), que naceran en Colombia. Enviuvou ao finar Rocío Jurado en 2006 por cousa dun cancro de páncreas; casou de segundas en 2018 con Ana María Aldón, coa que levaba varios anos de noivado, e tiveron un fillo, José María (2013).
En 2011, mentres guiaba o seu coche, borracho e a máis velocidade da permitida[1], matou un home que ía noutro automóbil. Como consecuencia, foi xulgado e condenado a dous anos, seis meses e un día de prisión por homicidio imprudente e condución temeraria. Logo dun ano e un mes no cárcere de Zaragoza, concedéronlle o grao de semiliberdade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha (en castelán)
- Tribunal Supremo (en castelán)
- ↑ del Campo, Eduardo (2016-05-23). "Cuando Carlos Parra se cruzó con José Ortega Cano: así era El Belga". El Mundo (en castelán). Consultado o 2022-10-10.
