Ramón Peinador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Peinador
Nacementoséculo XIX
 Galicia
Falecemento16 de outubro de 1928
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
IrmánsEnrique Peinador Vela
editar datos en Wikidata ]

Gumersindo Ramón Peinador Vela, finado en Pontevedra o 16 de outubro de 1928[1], foi un empresario e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario do Estado. Membro do Partido Republicano. Foi redactor de El Progreso de Pontevedra e fundador e director de El Diario de Pontevedra (1897). Coa axuda de seu irmán, Enrique Peinador Vela, obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de "Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador".

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Isidora Peinador Estévez, que casou con Vicente Riestra Calderón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 18-10-1928, p. 2.