Anna Kournikova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anna Kournikova
Nome completoAnna Sergeyevna Kournikova
Nacemento7 de xuño de 1981
Lugar de nacementoMoscova
NacionalidadeRusia e Estados Unidos de América
RelixiónIgrexa ortodoxa
Alma máterAmerican School of Correspondence
Ocupacióntenista, modelo e socialité
CónxuxeSergei Fedorov
FillosLucy Iglesias, Nicholas Iglesias e Mary Iglesias
Na rede
http://www.kournikova.com/
IMDB: nm0468045 TV.com: people/anna-kournikova
Facebook: Kournikova Instagram: annakournikova Olympic.org: anna-kournikova WikiTree: Курникова-2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Anna Sergeyevna Kournikova (en ruso: Анна Сергеевна Курникова, Anna kournikova.ogg escoita ), nada en Moscova o 7 de xuño de 1981, é unha modelo e unha xogadora de tenis rusa. Como xogadora de tenis acadou a oitava posición na clasificación da WTA, aínda que non gañou un torneo deste circuíto individualmente en toda a súa carreira. Onde Kournikova destacou deportivamente foi en "dobres", especialmente coa compañeira Martina Hingis, con quen gañou dúas veces o Aberto de Australia en 1999 e 2002, e tamén gañou dúas veces o WTA Finals en 1999 e 2000. En total, gañou 16 títulos no circuíto WTA en dobres, a maioría deles entre 1999 e 2000. O 22 de novembro de 1999 a Asociación de Mulleres Tenis clasificouna como número 1 de tenis feminino en dobres, unha posición que mantivo durante dez semanas.

A súa beleza foi a principal razón pola que se converteu nunha das estrelas de tenis feminino máis coñecidas internacionalmente, malia o feito de que nunca gañou un título individual no circuíto WTA. Durante a súa carreira deportiva, tivo a oportunidade de comezar a carreira de modelo. Por mor de varias dores nas costas e a columna vertebral anunciou a súa retirada do tenis profesional con só 22 anos, e continuou a traballar como modelo. Vive en Miami e mantén unha relación amorosa co cantante Enrique Iglesias dende o 2001.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daily Mail, ed. (28 de novembro de 2012). "Love boat: Anna Kournikova and Enrique Iglesias cuddle aboard romantic cruise in Miami" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012.