Ennio
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ennio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de xullo de 239 a. C. e 239 a. C. |
Lugar de nacemento | Rudiae |
Falecemento | 8 de outubro de 169 a. C. e 169 a. C. |
Lugar de falecemento | Roma |
Causa | gota |
Soterrado | Italia |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | poeta, dramaturgo, escritor, Ancient Roman historian e annalist |
Pai | valor descoñecido |
Nai | valor descoñecido |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Quinto Ennio (Quintus Ennius) nado en Rudiae en -239 e morto en -169, foi un dramaturgo e poeta romano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Rudiae no ano -239. Falaba tres linguas: latín, osco e grego. En Roma ensinou grego e estivo baixo a protección de personaxes tan importantes como Escipión o Africano ou Marco Fulvio Nobilior e o seu fillo, Quinto Nobilior, o que o fixo cidadán romano. Morreu no ano -169 e as súas cinzas foron levadas á súa patria.
Obra[editar | editar a fonte]
Ennio cultivou a maioría dos xéneros da época e foi o primeiro autor en Roma que utilizou o hexámetro grego en vez do saturnio romano. As súas obras máis importantes son:
- En comedia: Cupiuncula, Pancratiastes.
- En poesía épica: Annales: Un poema épico dividido en 18 libros onde se narra a historia de Roma cronoloxicamente comezando pola fundación e a monarquía. O final é descoñecido xa que os últimos libros perdéronse e a 1ª Guerra Púnica está omitida, xa que foi narrada por Nevio.
- En poesía didáctica: Escribiu un tratado gastronómico do que só conservamos un fragmento chamado Hedyphagetica
- En traxedia: cultivou os dous estilos de traxedia: a Cothurnata, de estilo grego e dentro da cal escribiu 20 obras (Achilles, Andromeda, Iphigenia, Thyestes...); e a Praetexta, de temática romana (Ambracia, Sabinae).
Estilo[editar | editar a fonte]
Está influenciado pola literatura homérica e utiliza epítetos homéricos e neoloxismos baseados nesta. Tamén están presentes as formas arcaicas e a utilización de epítetos expresionistas para enriquecer as súas composicións. Mostra un gran gusto polos xogos de fonéticos por medio da aliteración e o apócope.
Posteridade[editar | editar a fonte]
Foi o poeta máis importante de Roma ata a aparición dos chamados Poetae Noui e pódese observar unha grande influencia do poeta en Lucrecio e, sobre todo, en Virxilio cunha semellanza na métrica, na linguaxe, nos motivos e no feito de enxalzar a Roma (tendo as obras de ambos un marcado carácter nacional).