O encaixe de bolillos ou renda de bilros[1][2][3] é unha técnica de encaixe téxtil que consiste en entretecer fíos que inicialmente están enrolados en bobinas, chamadas bolillos, para seren manexados mellor. A medida que avanza o traballo, o tecido suxéitase mediante alfinetes cravados nunha grella ou debuxo realizado en cartón, coñecido co nome de "picado". A posición que ocupa cada alfinete vén determinada polo xeral por un patrón de buracos no picado.