Dinastía aiúbida
Dinastía aiúbida الأيوبيون ئەیووبی | ||||
| ||||
Bandeira | ||||
Sultanato aiúbida (en rosa) durante a morte de Saladino en 1193. | ||||
Capital | O Cairo (1171–1174) Damasco (1174–1218) O Cairo (1218–1250) Alepo (1250–1260) | |||
Lingua | Árabe, kurdo e arameo | |||
Relixión | islam sunnita | |||
Goberno | Sultanato (confederación principesca) | |||
Historia | ||||
• Establecido | 1171 | |||
• Disolución | 1260 | |||
Moeda | Dinar |
A dinastía aiúbida[1] (en árabe: الأيوبيون al-Ayyūbīyūn; en kurdo: خانەدانی ئەیووبیان Xanedana Eyûbîyan) foi unha dinastía musulmá de orixe kurda[2][3][4] fundada por Saladino e centrada en Exipto. A dinastía gobernou grandes partes de Oriente Medio durante os séculos XII e XIII. Saladino converteuse en visir do Exipto fatimita en 1169, antes de abolir os fatimitas en 1171. Tres anos despois, proclamouse sultán após a morte do seu mestre, o gobernante zenguita Nur ad-Din.[5] Durante a seguinte década, os aiúbidas lanzaron conquistas ó longo da rexión e en 1183, os seus dominios abranguían Exipto, Siria, a alta Mesopotamia, o Hejaz, o Iemen e a costa do norte de África até a fronteira da actual Tunisia. A maioría dos estados cruzados, incluíndo o Reino de Xerusalén, caeron baixo o poder de Saladino despois da súa vitoria na batalla de Hattin, en 1187. Porén, os cruzados recuperaron o control da liña costeira de Palestine na década de 1190.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Entrada aiúbida en Digalego
- ↑ Humphreys 1987
- ↑ Özoğlu 2004, p. 46
- ↑ Bosworth 1996, p. 73
- ↑ Eiselen 1907, p. 89
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinastía aiúbida ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bosworth, C.E. (1996). The New Islamic Dynasties. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-10714-3.
- Eiselen, Frederick Carl (1907). Sidon: A Study in Oriental History. Nova York: Columbia University Press.
- Humphreys, Stephen (15 de decembro de 1987). Ayyubids. Encyclopedia Iranica.