Emilio Varela Bugallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Varela Bugallo
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1928 Editar o valor em Wikidata
Sobrado, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 2024 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Sobrado, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Sobrado
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAlianza Popular
Converxencia Nacionalista Galega Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Emilio Varela Bugallo, nado en Sobrado o 28 de marzo de 1928, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura Alianza Popular no concello de Sobrado, logrando 2 concelleiros. Nun principio apoiou ao alcalde da CPG, José María Sánchez Peteiro, porén, en novembro de 1988 encabezou unha moción de censura contra este co apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE e do PNG-PG. Ante isto, o alcalde dimitiu en xaneiro de 1989 para intentar que a súa formación non perdese a alcaldía, aínda que finalmente Varela Bugallo logrou ser investido. Debido ao pacto que naquel momento AP e a CPG mantiñan da Deputación, Varela Bugallo recibiu numerosas presións do seu partido para que dese marcha atrás, como a do presidente da Deputación, José Manuel Romay Beccaría, e Manuel Fraga Iribarne, o cal incluso lle remiteu unha carta. Dada esta situación, situouse fora do partido.

Nas municipais de 1991 compiteu de novo pola alcaldía, encabezando a candidatura da CNG, logrando 3 concelleiros e situándose como segunda forza política por detrás dos 4 do PPdeG, que nesta ocasión encabezou o exalcalde Sánchez Peteiro. Se ben nun principio de cara á investidura non había acordo algún entre as distintas forzas políticas, resultou investido o socialista Gerardo Sánchez López, que xa fora alcalde durante dous mandatos e apoiara a Varela na moción de censura de 1989, e que recibiu o apoio de parte da CNG e dun concelleiro independente. Con todo, presentou axiña a súa dimisión, debido á febleza dos seus apoios, alcanzándose un acordo de goberno no mes de xullo entre a CNG e o PPdeG, polo cal Varela Bugallo recuperaba a alcaldía e se rotaría nela con Sánchez Peteiro, o cal a ocuparía na segunda metade do mandato. Así é todo, este acordo non fructificou e Sánchez Peteiro non chegou a asumila alcaldía. Pola súa parte, Varela Bugallo foi substituído na alcaldía en setembro de 1994 polo socialista Juan Morandeira García e non volveu formar parte de máis candidaturas, pasando a formar parte unha gran parte dos seus compañeiros da CNG dunha candidatura independente, xunto con outros membros do PPdeG desconformes con Sánchez Peteiro.


Predecesor:
José María Sánchez Peteiro
 
Alcalde de Sobrado
 
1989 - 1991
Sucesor:
Gerardo Sánchez López
Predecesor:
Gerardo Sánchez López
 
Alcalde de Sobrado
 
1991 - 1994
Sucesor:
Juan Morandeira García

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É propietario dunha carnizaría en Sobrado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]