Emilio Estefan
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de marzo de 1953 A Habana |
| Actividade | |
| Ocupación | produtor musical |
| Período de actividade | 1974 |
| Membro de | Miami Sound Machine (1975–1986) |
| Xénero artístico | Bachata |
| Instrumento | Instrumento de percusión |
| Selo discográfico | Sony Music |
| Familia | |
| Cónxuxe | Gloria Estefan (1978–) |
| Fillos | Emily Estefan |
| Premios | |
| |
Emilio Estefan, nado en Santiago de Cuba o 4 de marzo de 1953, é un músico e produtor cubano de ascendencia libanesa, galega e siria radicado nos Estados Unidos, gañador de 19 premios Grammy e cofundador do grupo musical Miami Sound Machine xunto á súa esposa, Gloria Estefan.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de deixar a súa Cuba natal co seu pai e recalar certo tempo en España, en 1968 mudáronse a Miami, nos Estados Unidos, onde ó comezo tivo que compartir un apartamento con quince membros da súa familia. Gañaba a vida facendo encargos ós seus veciños empregando un coche usado. Estefan logo comezou a traballar en concursos de beleza locais e en Bacardí, onde foi contratado para o departamento de correspondencia para despois promovelo ó departamento de mercadotecnia para Latinoamérica.
Con todo, as verdadeiras paixóns de Estefan sempre estiveron relacionadas coa música. Formou un grupo denominado "Miami Latin Boys". O grupo tivo éxito e empezou a recibir contratos para tocar en diversos eventos privados e en festas na zona de Miami. Nun dos eventos, Emilio coñeceu a Gloria Estefan, nese entón Gloria Fajardo, a quen ofreceu integrarse no grupo, renombrado como "Miami Sound Machine". O ingreso definitivo de Gloria na banda, na cal Emilio tocaba o acordeón, tivo lugar en 1977.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Emilio Estefan na IMDb (en inglés).