Emiliano Fabbricatore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emiliano Fabbricatore
Abade da Igrexa católica italo-albanesa
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1938 en Santa Sofia d'Epiro, Calabria
Pasamento6 de xaneiro de 2019 en Grottaferrata, Lacio
Ordes
Ordenación sacerdotal13 de agosto de 1967
Orde relixiosaOrde Basiliana Italiana de Grottaferrata
Abade de Santa María de Grottaferrata
2000 - 2013
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Emiliano Fabbricatore, O.S.B.I., nado o 12 de agosto de 1938 en Santa Sofia d'Epiro (Calabria, Italia) e finado o 6 de xaneiro de 2019 en Grottaferrata (Lacio), foi un relixioso basiliano italiano, abade territorial de Santa María de Grottaferrata entre 2000 e 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote o 13 de agosto de 1967, e posteriormente foi hegúmeno da abadía de Grottaferrata.[1] Foi nomeado abade de Santa María de Grottaferrata o 31 de xaneiro de 2000,[1] recibindo a beizón como arquimandrita o 5 de marzo. O 8 de novembro de 2002 o papa Xoán Paulo II nomeouno consultor do Pontificio Consello para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.[2]

Permaneceu no cargo até que o papa Francisco aceptoulle a renuncia o 4 de novembro de 2013. Finou o 6 de xaneiro de 2019 en Grottaferrata.[3][4]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Typikón dei monaci basiliani di Santa Maria di Grottaferrata. Editore Bannò. 2006. ISBN 978-88-6062-078-1. 
  • Il monastero italo-bizantino di Grottaferrata 1004-2004: mille anni di storia, spiritualità e cultura. Editore De Luca. 2005. ISBN 978-88-8016-663-4. 

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

En maio de 2012 recibiu o Premio San Nicola Greco por parte da fundación homónima, nas festas en honra de san Nicolao o Grego, copatrono de Guardiagrele.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sala Stampa della Santa Sede (1/02/2000). "Nomina dell'esarca ordinario dell'abbazia territoriale di Santa Maria di Grottaferrata". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0064). Consultado o 18/11/2020. 
  2. Sala Stampa della Santa Sede (8/11/2002). "Nomine nel Pontificio Consiglio per la Promozione dell'Unità dei Cristiani". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0553). Consultado o 18/11/2020. 
  3. "Grottaferrata: è scomparso padre Emiliano Fabbricatore. Fu archimandrita dell'Abbazia di San Nilo". ilmamilio.it (en italiano). 7 de xaneiro de 2019. Consultado o 9/01/2019. E' scomparso ieri, giorno dell'Epifania, padre Emiliano Fabbricatore. 
  4. "Ndërroi jetë murgu arbëresh, atë Emiliano Fabbricatore". Vatican News (en albanés). 7 de xaneiro de 2019. Consultado o 9/01/2019. U kthye në shtëpinë e Atit më 6 janar, murgu bazilian, arbëreshi Emiliano Fabbricatore, arkimandrit nderi e abat i fundit i manastirit të Grottaferratës. 
  5. Scogna, Stefania (17 de maio de 2012). "Solenni festeggiamenti in onore di san Nicola Greco, compatrono di Guardiagrele, e Sant'Antonio di Padova". Guardiagrele Web (www.guardiagreleweb.net). Consultado o 18/11/2020. Venerdì 18 Maggio - Ore 19 Assegnazione del “Premio San Nicola Greco” (prima edizione) a P. Emilano Fabbricatore Archimandrita Esarca dell’Abbazia Greca di Grottaferrata. /