Saltar ao contido

Hegúmeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hegúmeno
 Instancia de
 Oposto a
hegumenia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
Enciclopedia Galega Universal: 133772
Wikidata

Un hegúmeno ou arquimandrita é o superior dunha comunidade de monxes ortodoxa. O termo é equivalente ao de abade ou abadesa, aínda que tamén se pode ver empregado por comunidades católicas do rito bizantino. Provén do grego ἡγούμενος (hêgoúmenos), participio presente do verbo ἡγέομαι (hêgéomai), que significa literalmente "ir diante", "conducir" ou "comandar".

Tanto hegúmeno como abade pode ser usado en contextos formais, pero hegúmeno pode ter unha connotación de rango aínda máis formal ou tradicional debido ao seu uso sempre dentro do contexto da Igrexa ortodoxa oriental.[1]

Xurxo o Atonita, hegúmeno que liderou as comunidades monásticas xeorxianas no Imperio Bizantino.
  1. "Hegumenos y abbot: Conoce la diferencia entre estos sinónimos de RedKiwi". RedKiwi_App Web Page (en castelán). Consultado o 2025-11-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]