Eliseo Fernández Fernández
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Eliseo Fernández.
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | historiador, bibliotecario |
Empregador | Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo |
Interesado en | Movemento obreiro en España, anarquismo e Anarcosindicalismo |
Eliseo Fernández Fernández, nado en Ferrol en 1967, é un historiador e bibliotecario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Biblioteconomía e Documentación pola Universidade da Coruña, é membro e colaborador do Ateneu Libertário Francisco Iturralde de Ferrol e do Ateneu Libertário Ricardo Mella da Coruña. Colaborou coa Fundación Aurora Intermitente de Madrid, na clasificación dos seus fondos hemerográficos e arquivísticos, así como coa Fundación Anselmo Lorenzo de Madrid na catalogación dos seus fondos hemerográficos. Entre as súas áreas de interese están o anarquismo e anarcosindicalismo en Galiza, os anarquistas galegos na emigración e o exilio, e as bibliotecas obreiras.
Obra
[editar | editar a fonte]- "O Congreso da Paz de Ferrol (1915)" en A Nosa Terra, agosto de 1998.
- Unha biblioteca obreira: O Centro Obrero de Cultura y Beneficencia de Ferrol (1911-1936) (con Rafael Corrales Siodor); Fundación Luis Tilve, 1999.
- "Achegamento ás fontes de información sobre Galicia en Internet", en "III Xornadas ANABAD Galicia" (con Rafael Corrales Siodor); Fundación Luis Tilve, 1999.
- José López Bouza, do anarquismo ao republicanismo. E o seu fillo o pintor José López Fernández; Ediciós do Castro. Colección Documentos, 2002.
- O anarquismo na Galiza (con Dionisio Pereira); Edicións Positivas, 2004. ISBN 84-87783-79-1
- Obreirismo ferrolán; Edicións A Nosa Terra, 2005.
- O movemento libertario en Galiza (con Dionisio Pereira); Edicións A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-059-1.
- A fuxida do Portiño; A Nosa Terra, 2009. Con Dionísio Pereira, Emilio Grandío e Carlos Velasco.
- Psiquiatría, corrupción y lucha de clases. La huelga del manicomio de Conxo (1933). Piedra Papel Libros.