Saltar ao contido

Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo
Nome curtoFAL Editar o valor en Wikidata
Tipofundación cultural e editorial Editar o valor en Wikidata
EpónimoAnselmo Lorenzo Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicafundación Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
MatrizConfederación Nacional do Traballo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoestudos anarquistas Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1987 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
SedeMadrid e Yuncler Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBfal.cnt.es Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: fundacionanselmolorenzo.pagina Twitter: FAnselmoLorenzo Instagram: fundacion_anselmo_lorenzo Youtube: UCvp2JRrULY5GHgVA7zJH2yw BNE: XX100117 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo (tamén coñecida como Fundación Anselmo Lorenzo ou FAL), é unha organización cultural creada pola Confederación Nacional do Traballo en 1987.

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Sonia Turón, presidenta da FAL.

O nome é unha homenaxe ao anarquista toledano Anselmo Lorenzo, quen participou na creación do primeiro núcleo sindical en España.

A FAL é un punto de referencia para quen estudan o movemento obreiro español. Os seus obxectivos son recuperar a memoria histórica do anarquismo e o anarcosindicalismo español, así como difundir as ideas libertarias mediante propostas culturais.

Algunhas das actividades desenvolvidas pola fundación son:

  • Mantemento, catalogación e ofrecemento ó público xeral (máis tamén a estudantes, historiadores ou cineastas) dos fondos históricos da CNT (microfilmes do material que a CNT logrou salvar trala Guerra civil española. A FAL levou ó Instituto Social de Ámsterdam documentación orgánica da CNT, publicacións periódicas, libros, vídeos, fotos e outros documentos relacionados cos movementos sociais e obreiros, con énfase nas tendencias libertarias.
  • Edición de libros e materiais noutros formatos. A FAL leva anos editando coleccións de biografías, textos clásicos, coleccións de fotos da revolución española ou vídeos.
  • Preparación de eventos culturais en congresos da CNT ou da AIT, como, faladoiros, coloquios, conferencias, videoforums ou presentacións de libros.
  • Edición do boletín interno Bicel (Boletín Interno de Centros de Estudios Libertarios).
  • Coordinación con outros proxectos similares vinculados á FAL.

A FAL recibiu un pulo considerable durante o VIII Congreso da CNT. Neste tomáronse acordos que fixeron explícita a importancia da fundación para o sindicato.

A sede da fundación está en Yuncler (provincia de Toledo).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]