Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fundación Anselmo Lorenzo»)
Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo
AcrónimoFAL
TipoPolítica
Campo de traballoestudos anarquistas
Data de fundación1987
Nomeado en referencia aAnselmo Lorenzo
SedeYuncler
PaísEspaña
Na rede
https://fal.cnt.es/
editar datos en Wikidata ]

A Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo (tamén coñecida como Fundación Anselmo Lorenzo ou FAL), é unha organización cultural creada pola Confederación Nacional do Traballo en 1987.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Sonia Turón, presidenta da FAL.

O nome é unha homenaxe ao anarquista toledano Anselmo Lorenzo, quen participou na creación do primeiro núcleo sindical en España.

A FAL é un punto de referencia para quen estudan o movemento obreiro español. Os seus obxectivos son recuperar a memoria histórica do anarquismo e o anarcosindicalismo español, así como difundir as ideas libertarias mediante propostas culturais.

Algunhas das actividades desenvolvidas pola fundación son:

  • Mantemento, catalogación e ofrecemento ó público xeral (máis tamén a estudantes, historiadores ou cineastas) dos fondos históricos da CNT (microfilmes do material que a CNT logrou salvar trala Guerra civil española. A FAL levou ó Instituto Social de Ámsterdam documentación orgánica da CNT, publicacións periódicas, libros, vídeos, fotos e outros documentos relacionados cos movementos sociais e obreiros, con énfase nas tendencias libertarias.
  • Edición de libros e materiais noutros formatos. A FAL leva anos editando coleccións de biografías, textos clásicos, coleccións de fotos da revolución española ou vídeos.
  • Preparación de eventos culturais en congresos da CNT ou da AIT, como, faladoiros, coloquios, conferencias, videoforums ou presentacións de libros.
  • Edición do boletín interno Bicel (Boletín Interno de Centros de Estudios Libertarios).
  • Coordinación con outros proxectos similares vinculados á FAL.

A FAL recibiu un pulo considerable durante o VIII Congreso da CNT. Neste tomáronse acordos que fixeron explícita a importancia da fundación para o sindicato.

A sede da fundación está en Yuncler (provincia de Toledo).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]