Elisabeth Eidenbenz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElisabeth Eidenbenz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1913 Editar o valor em Wikidata
Wila, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de maio de 2011 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , enfermeira Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Maternidade de Elna .

Elisabeth Eidenbenz nada en Wila, Suíza o 12 de xuño de 1913 e finada en Zürich o 23 de maio de 2011 foi unha mestra e enfermeira, fundadora da Maternidade de Elna, que entre 1939 e 1944 logrou salvar aproximadamente a uns 600 nenos e nenas, entre refuxiados republicanos españois e xudeus persoas do pobo xitano que fuxían da invasión nazi.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como mestra en diferentes colexios de Suíza e Dinamarca ata que decidiu integrarse na Asociación de Axuda aos Nenos da Guerra.

Chegou a Madrid o 24 de abril de 1937 despois de pasar un curto tempo en Dinamarca como voluntaria. Durante a Guerra Civil Española estivo encargada dun almacén de roupa formando parte da axuda humanitaria da asociación de Axuda Suíza aos nenos de España, composta por 15 organizacións suízas.[1] Tras da caída da república, fuxiu a Francia cos exiliados que tiveron que refuxiarse nos campos franceses, onde moitos deles morreron por desnutrición, enfermidades e outro tipo de miserias. Por iso, calquera muller embarazada estaba condenada a perder o seu bebé ou, peor aínda, a morrer no parto.

Elisabeth Eindenbenz pasou varias semanas en Suíza pero en febreiro de 1939 volveu aos campos do sur de Francia. Primeiro participou na Maternidade de Brullá que fora creada por Kart Ketterer nunhas cortes en Perpiñán e onde naceron 33 bébes. Mais despois do estalido da Segunda guerra mundial tiveron que pechar esta maternidade.[1]

Maternidade de Elna[editar | editar a fonte]

A partir daquel momento, Eindenbenz buscou un novo lugar para seguir co labor da maternidade ata que atopou un castelo abandonado, preto da cidade de Elna (e xunto ao campo de Argelès-sur-Mer).[2] Coa axuda inicial de 30.000 francos do Socorro Suizo fixo as obras precisas no edificio e a finais de 1939 comezou a funcionar.[1]

Elisabeth Eidenbenz (de pé, terceira dende a esquerda) durante unha reunión do persoal da SAK, [3] no château de la Hille (Montégut-Plantaurel, Francia) en 1941.

Ao principio mantívose a maternidade grazas a doazóns voluntarias que chegaban de Europa, pero tras o comezo da II Guerra Mundial, os fondos diminuíron e comezaron a chegar refuxiados de Francia e o resto de Europa. Principalmente eran mulleres xudías que fuxían da ocupación nazi. Por iso, a maternidade viuse obrigada a ter que asociar a maternidade coa Cruz Vermella e acatar a política desta sobre neutralidade. Isto impedíalle á maternidade acoller refuxiados políticos, sobre todo xudeus, e por iso decidiuse falsear a identidade de gran parte deles co fin de burlar estas leis. Foron moi hostigados pola Gestapo, chegando a ser detida Eindenbenz nunha ocasión.

Salvaron aproximadamente 400 nenos españois e 200 xudeus de Europa.

Retirouse na cidade de Rekawinkel, 30 km de Viena (Austria), e a partir de 2002 comezou a chegar o recoñecemento ao seu traballo, coa publicación de varios libros sobre as súas fazañas e a concesión de varias distincións individuais. Morreu en Zürich o 23 de maio de 2011, aos 97 anos.[4]

Distincións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Torrús, Alejandro (2016-06-25). "La mujer que "devolvió la esperanza" cuando los refugiados eran españoles". www.publico.es (en castelán). Consultado o 2024-03-29. 
  2. Memoria del exilio: Elisabeth Eidenbenz.
  3. La Schweizerischen Arbeitsgemeinschaft für kriegsgeschädigte Kinder (en galego: a «Asociación suíza para os rapaces vítimas de guerra»).
  4. "Fallece a los 97 años Elisabeth Eidenbenz, fundadora de la Maternidad de Elna". La Vanguardia. España. Consultado o 25 de mayo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]