Elisa López Velasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElisa López Velasco
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1884 Editar o valor em Wikidata
Mollina Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Elisa López Velasco, nada en Mollina (Málaga) o 19 de febreiro de 1884 e finada en 1935, foi unha mestra española vencellada á Institución Libre de Enseñanza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou maxisterio en Sevilla e desenvolveu a súa primeira etapa docente en Villablanca (Huelva) e en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz).[1] Máis tarde trasladouse a Madrid, onde foi bolseira na Residencia de Señoritas no curso 1918-1919. Grazas á Junta de Ampliación de Estudios, viaxou a Francia, Alemaña, Austria, Suíza e Italia. Participou en 1925 no curso de Escolas Novas de Heidelberg e no curso de verán do Instituto Jean-Jacques Rousseau. Formou parte do grupo de mestres e mestras que, baixo a dirección de Ángel Llorca, fixeron posible de 1920 a 1935 a experiencia innovadora do Grupo Escolar Cervantes, seguindo as pautas da Institución Libre de Enseñanza.[1]

Especializada na educación preescolar, entre 1932 e 1934 colaborou coas Misións Pedagóxicas. Impartiu cursos de debuxo para mestres nas misións de San Martín de Valdeiglesias (Madrid), Fuentepelayo e Santa María la Real de Nieva (Segovia), El Burgo de Osma (Soria) e Ronda (Málaga).[2][3]

En 1931 foi unha das primeiras mulleres en formar parte da executiva da Federación de Trabajadores de la Enseñanza, adscrita á UXT.[1] Publicou varios artigos na revista da ILE, a maioría relacionados coa educación preescolar e o ensino do debuxo. Neste ámbito destaca, ademais, La práctica del dibujo en la escuela primaria, obra distribuída en catro volumes e publicada por Espasa Calpe a partir de 1933.[2][4]

Faleceu no ano 1935, vítima dunha doenza cardíaca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Maestras republicanas y de FETE-UGT. Represaliadas por el franquismo". Biografías de mujeres andaluzas (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 Cuenca Escribano, Antonio (1 de xaneiro de 2003). "La obra de Elisa López Velasco". Arte, individuo y sociedad (en castelán) (15): 73–81. ISSN 1131-5598. 
  3. Valbuena, Cecilia (2015). Actas del XVIII Coloquio de Historia de la Educación: arte, literatura y educación (en castelán) 2 (1ª ed.). Madrid: Eumogràfic. pp. 261–273. ISBN 9788494328664. 
  4. "ILE: Personalidades". Fundación Francisco Giner de los Ríos (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2023.