Helena Zernova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Elena Zernova»)
Infotaula de personaHelena Zernova
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora , profesora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua galega, lingua rusa, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 889983

Helena Zernova (en ruso Елена Зернова), nada en San Petersburgo en 1951, é unha profesora e tradutora rusa. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2017.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traduciu e publicou máis de trinta obras literarias ao ruso do galego, castelán, catalán e inglés. Licenciouse en filoloxía hispánica na Universidade Estatal de Leningrado e defendeu en 1976 a súa tese de doutoramento en filoloxía románica. Exerce como catedrática de filoloxía románica na Universidade de San Petersburgo (USP). Como investigadora publicou máis de setenta traballos científicos e foi relatora en máis de corenta congresos internacionais [2]. Pertence á Unión de Escritores de Rusia e mais á de San Petersburgo e dirixe o Centro de Estudos Galegos mais o Centro de Estudos Cataláns da USP.

É responsable da colección Antoloxía da Literatura Galega sobre a historia da literatura galega que publica a Universidade de San Petersburgo dende 1995, na que é coordinadora, seleccionadora e tradutora, e que conta con 20 volumes. Traduciu Xa vai o griffón no vento, Noa de Alfredo Conde, A lingua das bolboretas de Manuel Rivas ou Ser ou non de Xurxo Borrazás. Polo seu labor recibiu en 2016 o Premio Cultura Galega de Proxección Exterior [3].

Editou oito antoloxías bilingües de poetas cataláns, entre elas: L'ombra de l'altre mar. Poesia catalana contemporània (2000) e Temps de miralls exactes: vint dones poetes de parla catalana del segle XX (2001) e publicou en ruso Antologia de contes catalans contemporanis (2006) e unha escolma de Pere Calders (2007). Tamén traduciu ao ruso a obra de Santiago Rusiñol. Tamén traduciu ao autor vasco Bernardo Atxaga.

Notas[editar | editar a fonte]