O capitán Kidd
Aparencia
| O capitán Kidd | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O capitán Kidd (en inglés: Captain Kidd) é un filme estadounidense de 1945 dirixido por Rowland V. Lee, sendo o seu derradeiro filme antes de retirarse.[1] Está protagonizado por Charles Laughton, Randolph Scott e Barbara Britton.[2] Foi producido por Benedict Bogeaus e James Nasser e a música foi dirixida por Werner Janssen. O filme foi distribuído por United Artists e entrou no dominio público porque os produtores descoidaron a renovación dos dereitos de autor en 1972. Nas súas memorias, Nikita Khrushchev recolleu que era un dos filme favoritos de Iosif Stalin, e que Stalin se identificaba co capitán.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Charles Laughton como Capitán William Kidd
- Randolph Scott como Adam Mercy
- Barbara Britton como Lady Anne Dunstan
- Reginald Owen como Cary Shadwell
- John Carradine como Orange Povey
- Gilbert Roland como Jose Lorenzo
- John Qualen como Bartholomew Blivens
- Sheldon Leonard como Cyprian Boyle
- William Farnum como Capitán Rawson
- Henry Daniell como rei Guillerme III
- Harry Cording como gardián de Newgate (sen acreditar)
- Lumsden Hare como Lord Fallsworth (sen acreditar)
- Edgar Norton como nobre (sen acreditar)
- Frederick Worlock como Landers (sen acreditar)
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]O filme foi nomeado ó Oscar á mellor banda sonora na 18ª edición dos premios.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The New York Times, ed. (22 de decembro de 1975). "Rowland Lee, 84, of Films Is Dead" (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Captain Kidd | TV Guide". TVGuide.com (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2019.
- ↑ "The 18th Academy Awards | 1946". Oscars.org | Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O capitán Kidd na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)