El Carallot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
El Carallot
El Bergantín
Mapa IllesColumbretes.png
El Carallot, situado na zona meridional do mapa xunto a outros illotes.
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónomaFlag of the Valencian Community (2x3).svg Comunidade Valenciana
ProvinciaCastelló
ArquipélagoIllas Columbretes
MarMediterráneo
Coordenadas39°32′N 0°25′O / 39.54, -00.41
Xeografía
Superficie0,14 km²
Punto máis alto67 m
Demografía
PoboaciónDeshabitada

El Carallot (en castelán: El Bergantín) é un illote rochoso mediterráneo, único destacable entre un grupo de dez rochas parte das illas Columbretes, situados ao suroeste da Illa Grossa.[1] Pertence xunto co resto do arquipélago a Castelló de la Plana (España).

A súa altitude é escasa, e practicamente está baixo o mar, fóra da súa cheminea volcánica, que se eleva ata unha reducida altitude de 32 metros sobre o nivel do mar. Posúe ademais illotes de moi reducidas dimensións como Cerquero, Baleato e Churruca, á parte de escollos (pedazos de roca), que se teñen que sortear ao ir en embarcacións.

Está protexido mediante as figuras de parque natural e Zona de especial protección para as aves (ZEPA).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hidrographic Office of Unite States; Publications, nº151, p.177 (1920).