O Constant Vanden Stock Stadium ou Estadio Constant Vanden Stock (francés: Stade Constant Vanden Stock, holandés: Constant Vanden Stockstadion) é un estadio de fútbol da cidade de Bruxelas. Este campo acolle os partidos do R.S.C. Anderlecht como local.
Exterior do estadio
Foi no ano 1917 cando o Anderlecht chegou a este estadio. Daquela, ao estadio chamáronlle Estadio Émile Versé en honra a un mecenas da zona. Xa no ano 1983, coa renovación do estadio, o nome foi trocado ao actual, poñéndolle o nome do presidente que realizou a obra.
O enderezo exacto deste campo de fútbol é Théo Verbeecklaan 2, B-1070, Anderlecht.