Edwin Nicholas Arnold

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edwin Nicholas Arnold
Nacemento16 de outubro de 1940
Lugar de nacementoReino Unido
Falecemento23 de setembro de 2023
Nacionalidadebritánica
Ocupaciónherpetólogo
OrganizaciónMuseo de Historia Natural de Londres
editar datos en Wikidata ]

Edwin Nicholas "Nick" Arnold, nado o 16 de outubro de 1940 e finado o 23 de setembro de 2023,[1][2] foi un herpetólogo británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ex conservador de herpetoloxía no Museo de Historia Natural de Londres, Arnold fixo achegas fundamentais á herpetoloxía de Europa e de África do Norte, especialmente en xecos e en lagartos da familia dos lacértidos.

Descubriu e describiu 36 especies e 4 subespecies de réptiles,[3] e atribúeselle tamén a descrición de Australolacerta australis.[4][5]

Escribiu A Field Guide to the Reptiles and Amphibians of Britain and Europe, da que se publicaron varias edicións.[6]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1973. "Relationships of the Palearctic lizards assigned to the genera Lacerta, Algyroides and Psammodromus (Reptilia: Lacertidae)". Bulletin of the British Museum (Natural History), Zoology 25: 289-366.
  • 1978. A Field Guide to Reptiles and Amphibians of Britain and Europe. (Ilustrado por D. W. Ovenden). Londres: Collins. ISBN 0-0021-9318-3.
  • 1989. "Towards a phylogeny and biogeography of the Lacertidae: relationships within an old-world family of lizards derived from morphology". Bulletin of the British Museum, Natural History (Zoology) 55 (2): 209-257.
  • 2007. "Systematics of the Palearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with decriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1-86. Con Óscar Arribas e Salvador Carranza.
  • 2009. "Relationships, evolution and biogeography of Semaphore geckos, Pristurus (Squamata, Sphaerodactylidae) based on morphology". Zootaxa 2060: 1-21.

Honores[editar | editar a fonte]

Polo menos catro especies de réptiles foron nomeadas en honor de Arnold:[3][7]

  • Hemidactylus arnoldi Lanza, 1978
  • Asaccus arnoldi Simó-Riudalbas, Tarroso, Papenfuss, Al-Sariri & Carranza, 2017
  • Mesalina arnoldi Sindaco, Simó-Riudalbas, Sacchi & Carranza, 2018
  • Dipsochelys arnoldi Bour, 1982 (Ás veces considerada como unha subespecie de Aldabrachelys gigantea)

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Arnold enprégase para recoñecer a Edwin Nicholas Arnold como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Edwin Nicholas “Nick” Arnold". The Times. 28 de setembro de 2023. Consultado o 28 de setembro de 2023. 
  2. "Nicholas Arnold obituary". The Times. 6 de outubro de 2023. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Especies de répties descritos por Arnold en The Reptilia Database.
  4. Australolacerta australis Arnold, 1989 no GBIF. Consultado o 2 de outubro de 2022.
  5. Australolacerta australis Arnold, 1989 na BioLib. Consultada o 2 de outubro de 2022.
  6. Lambert, M. R. K. (1978): "[A review of] A Field Guide to the Reptiles and Amphibians of Britain and Europe, by E. N. Arnold and J. A. Burton, illustrated by D.W. Ovenden]. Oryx 14 (4): 428–429.
  7. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Arnold, E. N.", p. 11).