Eduvixes I de Polonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eduvixes I de Polonia
Matejko Jadwiga.jpg
Nacemento18 de febreiro de 1374, 1372 e 1373
 Buda
Falecemento17 de xullo de 1399 e 1399
 Cracovia
CausaParto
SoterradaCatedral de Wawel
NacionalidadeHungría e Reino da Polónia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónraíña rexente
PaiLuís I da Hungria
NaiIsabel da Bósnia
CónxuxeLadislao II de Polonia
FillosElizabeth Bonifacia of Poland
IrmánsMaría I de Hungría e Catarina da Hungria
editar datos en Wikidata ]

Eduvixes I de Anjou-Hungría (en polaco: Jadwiga Andegaweńska, en húngaro: Hedvig, en alemán: Hedwig), nada o 18 de febreiro de 1374 e finada en Cracovia o 17 de xullo de 1399, foi a raíña[1] de Polonia (1382-1399) á morte do seu pai o rei Luís I de Hungría, que herdara tamén o trono de Polonia. Aínda que Eduvixes gobernou Polonia e a súa irmá máis vella, María I, reinou en Hungría,[2][3] ambas acabaron casadas con poderosos nobres que evitaron que reinasen de xeito independente. É venerada pola igrexa católica como Santa Eduvixes a Raíña, considerada como santa húngara e polaca. É a patroa das raíñas e da Europa Federal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eduvixes pertenceu á Casa dos Anjou de Hungría. Naceu en 1374 no palacio real de Buda,[4] como unha das fillas do poderoso rei Luís I de Hungría e da súa segunda esposa, Isabel de Bosnia.[5][6] Ao nacer Eduvixes, Hungría achábase na súa época dourada medieval, onde o monarca gobernaba un imperio composto por case dez estados menores na Europa Central. As minas de ouro e prata húngaras abastecían en gran parte as nacións europeas, e as froitas e as verduras húngaras eran coñecidas nas cortes dos reinos occidentais. Deste xeito, cando morreu o rei Casimiro III de Polonia en 1370 e o fillo da súa irmá (Luís I de Hungría) herdou o reino, os dous estados, aínda que funcionaban independentemente, estaban gobernados polo mesmo monarca. Isto levou a certos problemas ao comezo, mais considerábase máis tráxico o drama que tiña que resolver Luís I: non contaba con fillos herdeiros varóns, así que fixo que as súas fillas fosen aceptadas pola nobreza como as súas sucesoras trala súa morte mediante o Privilexio de Koszyce o 17 de setembro de 1374.[7][8][9] Luís I faleceu en 1382, e de inmediato xurdiron conflitos sucesorios, onde as súas fillas foron coroadas como raíñas, mais non exerceron o poder independentemente.

Eduvixes fora comprometida en matrimonio co duque Guillerme de Austria, que nesa época era un mozo de catorce anos.[10] Con todo, a nobreza polaca non desexaba ver un Habsburgo no trono de Polonia xunto á raíña,[11][12] así que conseguiron a anulación do compromiso. Por outra banda, considerando moito máis conveniente, estes arranxaron que a raíña Eduvixes de dez anos de idade fose tomada como esposa polo pagán Jagiełło, duque de Lituania,[13] quen para casar tivo que se converter ao cristianismo, lográndose finalmente a conversión dos lituanos e a asimilación ao mundo "cristián civilizado" medieval. Automaticamente volveuse o soberano polaco co nome de Ladislao II de Polonia. Ladislao pasou a exercer o goberno, quedando a raíña en segundo plano. Aa pesar diso, foi unha fervente colaboradora do seu esposo.

O matrimonio non tivo descendencia, xa que a única filla do matrimonio, Elżbieta Bonifacja, morreu ás tres semanas de nacer, o 13 de xullo de 1399.[14] Eduvixes tamén estaba no sei leito de morte. Ela mesma aconsellou o seu marido que casase con Ana de Cilli, neta de Casimiro o Grande,[15] o que fixo, e faleceu o 17 de xullo de 1399, catro días despois da súa filla.[14][16] Ambas foron enterradas xuntas na catedral de Wawel o 24 de agosto de 1399,[14][16] como dicía a última vontade da raíña. O 12 de xullo de 1949 abriuse a tumba, máis non quedaba ningún resto da súa filla.[17]

Legado[editar | editar a fonte]

A pesar de ser venerada en Europa durante séculos, non foi até 1979 cando o papa Xoán Paulo II rezou ante o seu sartego. Foi beatificada en 1986 e canonizada en Cracovia o 8 de xuño de 1997.[18] É a santa patroa das raíñas e da Europa Unida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eduvixes foi coroada oficialmente como "Rei de Polonia" — Hedvig Rex Poloniæ, non como raíña. A lei polaca non tiña previsto unha raíña reinante, mais tampouco especificaba que o monarca tivese que ser un varón.
  2. Halecki 1991, p. 75.
  3. Engel 2001, p. 195.
  4. Halecki 1991, p. 56.
  5. Wolf 1993, p. xliii.
  6. Engel 2001, p. 169.
  7. Duczmal, Małgorzata (1996). Jagiellonowie. Cracovia: Wydawnictwo Literackie. p. 305. ISBN 83-08-02577-3. 
  8. Davies 2005, p. 90.
  9. Sedlar 1994, pp. 39–40.
  10. Halecki 1991, p. 58.
  11. Frost 2015, p. 17.
  12. Halecki 1991, pp. 116–117.
  13. Halecki 1991, p. 118.
  14. 14,0 14,1 14,2 Frost 2015, p. 91.
  15. Halecki 1991, pp. 264–265.
  16. 16,0 16,1 Halecki 1991, p. 257.
  17. Olbrycht and Kusiak, pp. 256–66.
  18. "St. Hedwig of Poland - Saints & Angels - Catholic Online" (en inglés). Catholic Online. Consultado o 18 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brzezińska, Anna (1999). "Jadwiga of Anjou as the Image of a Good Queen in Late Medieval and Early Modern Poland". The Polish Review (The Polish Institute of Arts and Sciences of America) XLIV (4): 407–437. 
  • Davies, Norman (2005). God's Playground: A History of Poland, Volume I: The Origins to 1795 (Revised Edition). Columbia University Press. ISBN 978-0-231-12817-9. 
  • Deletant, Dennis (1986). "Moldavia between Hungary and Poland, 1347–1412". The Slavonic and East European Review 64 (2): 189–211. 
  • Duczmal, Małgorzata (1996). Jagiellonowie. Cracovia: Wydawnictwo Literackie. ISBN 83-08-02577-3. 
  • Engel, Pál (2001). The Realm of St Stephen: A History of Medieval Hungary, 895–1526. I.B. Tauris Publishers. ISBN 1-86064-061-3. 
  • Frost, Robert I. (2015). The Oxford History of Poland-Lithuania, Volume I: The Making of the Polish-Lithuanian Union, 1385–1567. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-820869-3. 
  • Gromada, Thaddeus V. (1999). "Oscar Halecki's Vision of Saint Jadwiga of Anjou". The Polish Review (The Polish Institute of Arts and Sciences of America) XLIV (4): 433–437. 
  • Halecki, Oscar (1991). Jadwiga of Anjou and the Rise of East Central Europe. Polish Institute of Arts and Sciences of America. ISBN 0-88033-206-9. 
  • Heinze, Karl (8 de decembro de 2003). Baltic Sagas. Virtualbookworm Publishing. ISBN 1-58939-498-4. 
  • Jackson, Guida M. (1999). Women Rulers Throughout the Ages: An Illustrated Guide. ABC-CLIO. ISBN 1-57607-091-3. 
  • Jasienica, Paweł (1988). Polska Jagiellonów [Jagellonian Poland] (en polaco). Państwowy Instytut Wydawniczy. ISBN 83-06-01796-X. 
  • Knoll, Paul W. (2011). "Religious Toleration in Sixteenth-Century Poland: Political Realities and Social Constraints". En Louthan, Howard; Cohen, Gary B.; Szabo, Franz A. J. Diversity and Dissent: Negotiating Religious Difference in Central Europe, 1500–1800. Berghahn Books. pp. 30–52. ISBN 978-0-85745-108-8. 
  • Lukowski, Jerzy; Zawadzki, Hubert (20 de setembro de 2001). A Concise History of Poland. Cambridge University Press. ISBN 0-521-55917-0. 
  • Monter, William (2012). The Rise of Female Kings in Europe, 1300–1800. Yale University Press. ISBN 978-0-300-17327-7. 
  • Sedlar, Jean W. (1994). East Central Europe in the Middle Ages, 1000–1500. University of Washington Press. ISBN 0-295-97290-4. 
  • Sroka, Stanisław Andrzej (1999). Genealogia Andegawenów węgierskich [Genealogy of the Hungarian Angevins] (en polaco). Towarzystwo Naukowe Societas Vistulana. ISBN 83-909094-1-3. 
  • Turnbull, Stephen; Hook, Richard (30 de maio de 2003). Tannenberg 1410. Osprey Publishing. ISBN 1-84176-561-9. 
  • Wdowiszewski, Zygmunt (2005). Genealogia Jagiellonów i Domu Wazów w Polsce (en polaco). Avalon. 
  • Wolf, Armin (1993). "Reigning Queens in Medieval Europe: When, Where, and Why". En Parsons, John Carmi. Medieval Queenship. Sutton Publishing. pp. 169–188. ISBN 0-7509-1831-4.